Demostra o interese que a Feira do Cocido esperta como imaxe de marca e evento dinamizador de todos os sectores produtivos
No XXVI Mes do Cocido serán 24 os restaurantes colaboradores e 28 establecementos distribúense entre cárnicas; panaderías; lácteos, queixos e derivados; mel; florarías; pastelerías; froiterías; distribución de bebidas e produtos alimentarios (viños, licores, cervexas...)”.
Un total de 52 establecementos e entidades colaborarán no desenvolvemento do Compromiso de Calidade do XXVI Mes do Cocido de Lalín durante a LVI Feira do Cocido de Lalín. “Trátase dunha das participacións empresariais máis altas das acadadas en todas as edicións ata o momento -o ano pasado foron 40 os establecementos colaboradores-, que ratifica o interese que a nosa Feira do Cocido, primeira festa gastronómica internacional de España, esperta como imaxe de marca e evento dinamizador de todos os sectores produtivos”, subliña a concelleira de Turismo, Begoña Blanco.
Blanco explica que “dos 52 establecementos colaboradores nesta edición, un total de 24 serán os restaurantes colaboradores que tomarán parte no XXVI Mes do Cocido -o ano pasado foron 20- e os 28 restantes empresas participantes distribúense entre cárnicas; panaderías; lácteos, queixos e derivados; mel; florarías; pastelerías; froiterías; distribución de bebidas e produtos alimentarios (viños, licores, cervexas...)”. O prezo medio estimado por prato sitúase na franxa entre 30-35 €, ao tempo que anima á veciñanza lalinense e aos visitantes a degustalo.
Unha vez se ratifique en xunta de goberno, o acordo seralle notificado ás empresas colaboradoras para proceder a asinar o correspondente convenio administrativo de colaboración empresarial para a difusión da LVI Feira do Cocido e o posterior abono do importe subvencionado (establecido nun mínimo de 100 €).
24 restaurantes
Bar O Polo |
Bar Restaurante Suso |
Casa Currás |
Casa Sanmartín |
Hotel Parrillada Villanueva |
Hotel Rest. Pontiñas |
Hotel Spa Norat Torre do Deza |
Mesón O Cruce |
Parrillada Taboada |
Pazo de Bendoiro |
Rest. Parrillada La Robleda |
Restaurante Cabanas |
Restaurante Casa do Patrón |
Restaurante Casa Pablo |
Restaurante La Estación |
Restaurante La Molinera |
Restaurante Las Palmeras |
Restaurante Onde Antonio |
Restaurante María José |
Restaurante Os Arcos |
Casa Ruliña |
Rest. Naval do Espiño |
Restaurante KM 0 |
Restaurante Venezia |
Outros establecementos participantes
- Embutidos Lalinense
- Carnicería A Principal
- A Tenda de Roque
- Cárnicas Anzo
- Panadería Fernando
- Cobideza Dona Cobiña
- Kalekoi
- Kalinka Lagazós
- Exclusivas Campos
- Viños Manuel Gil
- Panadería Morena
- Licores Ricardo Vázquez
- Queixos Hoxe
- Pastelería París
- Floristería Charo
- Pastelería La Artesana
- Disanfa
- Panadería Balado
- Lácteos Anzuxao
- Hipercarne
- Panadería Matelo
- Lalín-Frut
- Deza Distribuciones
- Panadería Lage
- Mel do Saldoiro
- Pan. Serra do Candán
- Mel de Liñares
- Mel O Cortizo