Arte-acción, exposicións e charlas para conmemorar o 25N
O programa de actividades que o Concello de Lalín organiza desde a Concellería de Igualdade con motivo do 25N, Día Internacional da Violencia de Xénero é o seguinte:
- Luns, 20 de novembro ás 12:00h. no Concello de Lalín
COLGADA NO BALCÓN DO CONCELLO DA PANCARTA REIVINDICATIVA “NON A VIOLENCIA”
- Mércores, 23 de novembro ás 11:00h. no Salón Teatro do Auditorio
OBRADOIRO “A IGUALDADE NO XOGO E NO DEPORTE” (dirixido a alumnado de Educación Secundaria)
Impartido por SOFÍA TORO PRIETO-PUGA. Medalla de Ouro nos Xogos Olímpicos de Londres 2012. Xerente do Clúster Galego do Deporte
Organizado pola Oficina de Igualdade
Mércores, 23 de novembro ás 20:00h. no Salón Teatro do Auditorio
MESA REDONDA “MULLER E DEPORTE” (dirixida a público en xeral)
SOFÍA TORO PRIETO-PUGA. Medalla de Ouro nos Xogos Olímpicos de Londres 2012. Xerente do Clúster Galego do Deporte
NOELIA LALÍN CANDA. Loitadora no Club de Loita Keltoi de Vila de Cruces
CECILIA CACHEDA GONZÁLEZ. Xogadora de balonmán no Mecalia Atlético Guardés
MARTA VARELA FERNÁNDEZ. Árbitra da Federación Galega de Rugby
ROSA NÚÑEZ MARTÍNEZ. Bailarina e coreógrafa da Asociación Maisquedanza
Organizado pola Oficina de Igualdade
- Venres, 24 de novembro ás 12:00h. no Vestíbulo do Concello de Lalín
CONCENTRACIÓN DE REPULSA CONTRA AS VIOLENCIAS MACHISTAS (dirixido a centros educativos de Lalín e poboación en xeral)
Organizado pola Oficina de Igualdade
Neste acto simbólico no que está invitada a participar toda a cidadanía, participará alumnado e profesorado de centros educativos de Lalín, que amosarán a través de diferentes manifestacións artísticas o seu rexeitamento ante esta gran lacra social. Tamén se lerá un manifesto contra a violencia de xénero.
CONDUCIÓN DO ACTO a cargo de Mª Jesús Payo Negro, axente de Igualdade.
LECTURA DO MANIFESTO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO, a cargo de Carmen Canda Larroy, Concelleira de Igualdade.
- Venres, 24 de novembro ás 12:00h. no Vestíbulo do Concello de Lalín
EXPOSICIÓN ITINERANTE “RACHA COS TABÚES” (dirixida a poboación en xeral)
Organizado pola Oficina de Igualdade
O Concello de Lalín a través da Oficina de Igualdade, pon en marcha a campaña de sensibilización contra as violencias “RACHA COS TABÚES”, composta por 12 paneis que pretenden sensibilizar e servir como reflexión arredor de tabúes que están en estreita relación con roles e estereotipos de xénero empregados como ferramentas de opresión dos corpos e vidas das mulleres, especialmente da súa sexualidade, aínda que tamén limitan o desenvolvemento de masculinidades positivas, alonxadas das tradicionais.
A campaña itinerante estará composta por catro estruturas ríxidas de tres caras cada unha, cun total de 12 textos en vinilo e cunha cara especial que contén un buzón de consultas e de reflexións, preparadas para o espazo exterior e que poderán ser lidas e vistas en prazas do Concello de Lalín, e en espazos educativos de Educación Secundaria e niveis posteriores.
Esta campaña ademais de ser exposta en diferentes espazos do Concello de Lalín, será prestada a todos os centros educativos que a soliciten. Ademais terá flyers informativos relacionados coa exposición.
Coñecer a realidade da violencia de xénero, cal é a súa raíz e como abordala dunha forma eficaz son os grandes alicerces para poder loitar contra ela dunha forma activa. A educación e a formación é a mellor estratexia para conseguir unha sociedade que teña ferramentas para enfrontarse a esta lacra social, para iso é necesario abordala desde diferentes ámbitos.
- Sábado, 25 de novembro ás 18:00h. no Centro Comercial Pontiñas
ARTE-ACCIÓN CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO (dirixido a poboación en xeral)
Organizado pola Oficina de Igualdade
Unha mirada dende diferentes manifestacións artísticas, literatura, danza, música, imaxe ..., que xurde do desexo colectivo de sumar esforzos para visibilizar e loitar contra a violencia de xénero
REPARTO DE PEGATAS REIVINDICATIVAS CO #LALINSENVIOLENCIA
MÓVETE CONTRA AS VIOLENCIAS MACHISTAS
Co apoio dos grupos locais de baile da Asociación “Máisquedanza” liderada por Marta Maceiras e “Sceneballet” baixo a dirección de Ariadna Vázquez, poderemos movernos ao son das creativas coreografías creadas especificamente para esta ocasión.
MÚSICA EN DIRECTO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Coa colaboración de Pandereteiras Ponte da Prata de Botos, que a través das súas letras poñen de manifesto o seu rechazo máis absoluto contra esta gran lacra social.
PROXECCIÓN DAS CAMPAÑAS: “QUÉROME LIBRE” E “MOZAS NOVAS”
PROXECCIÓN DO VÍDEO “MULLER FRONTEIRA” DA ASOCIACIÓN SCENEBALLET
LECTURA DE CARTAS E ENTREGA DE PREMIOS DO XX CONCURSO DE CARTAS “DILLO A QUEN MALTRATA” 2023
EXPOSICIÓN ITINERANTE “RACHA COS TABÚES”
- Novembro na Biblioteca Municipal Varela Jácome de Lalín
EXPOSICIÓN DE LIBROS RELACIONADOS COA VIOLENCIA DE XÉNERO (dirixido a poboación en xeral)
Desde o martes 21 de novembro ata o Cocido
Organizado pola Biblioteca
- Martes, 4 de decembro ás 11:00h. no Salón Teatro de Lalín
OBRADOIRO “QUE VEXO NA TELE? , VIDEOXOGOS, SEXISMO VIRTUAL, GAME OVER, DO REFRANEIRO Á PUBLICIDADE REFLEXANDO VIOLENCIA ” (dirixido a alumnado de Educación Secundaria)
Impartido por Estíbaliz Linares. Profesora na Universidade de Deusto. Formadora en Sormena. Experta en ciberviolencias.
Organizado pola Oficina de Igualdade