As prazas ofértanse en tres lotes: costa peninsular, costa insular e circuítos culturais. As persoas interesadas deberanse anotar no departamento de servizos sociais
A Concellería de Política Social do Concello de Lalín que dirixe Carmen Canda pon en coñecemento que a partir do 27 de novembro se poden anotar nas viaxes do Imserso as persoas inscritas dentro do convenio Imserso-Concello de Lalín para a tempada 2023-2024. Deberán facelo no departamento de servizos sociais.
A elección de destino deberá facerse na data de reserva de praza establecida para cada quenda a partir das 8 da mañá. As prazas agrúpanse en tres lotes: costa peninsular, costa insular e circuítos culturais. Os destinos son: Castela e León, Cataluña, Baleares, Comunidade Valenciana, Andalucía, Canarias e País Vasco. Cada persoa recolle unha solicitude por persoa e a do seu acompañante (cónxuxe ou parella de feito), de ser o caso.