Estivo organizada polo GDR Terras de Pontevedra e impartida por Miguel Rodríguez López, responsable técnico do proxecto de permutas agrarias no Concello de Friol
O concelleiro de Concentracións Parcelarias e Agricultura, Marcos Mariño, clausurou esta mañá a charla informativa "Ordenación territorial da terra agraria a través do sistema de permutas", organizada polo GDR Terras de Pontevedra Norte na aula da UNED Lalín e impartida por Miguel Rodríguez López, responsable técnico do proxecto de permutas agrarias no concello de Friol.
A charla pretendeu achegar a evolución deste proxecto piloto (no que participan 3 GDR: Comarca de Lugo, Comarca de Ordes e Pontevedra Norte) porque pode ser unha ferramenta útil para as zonas máis gandeiras do noso municipio, partindo da base do traballo realizado en Friol.