Carmen Canda anima á participación da veciñanza, asociacións e empresas para que a resposta sexa igual de positiva que en edicións anteriores
As colaboracións poden facerse ata o 15 de decembro
O Concello de Lalín ten aberta a participación na “Campaña ningún neno e nena sen xoguete”. Desde a Concellería de Política Social anímase un ano máis á veciñanza, asociacións e empresas a participar na tradicional recollida de xoguete e agasallos. A edil delegada Carmen Canda sinala que “agardamos que unha vez máis que a colaboración de toda a comunidade solidaria de Lalín sexa igual de positiva que en edicións anteriores e entre todos/as podamos brindar a oportunidade de que os nenos e nenas das familias máis vulnerables do noso pobo reciban un agasallo novo de Nadal”.
Modos de colaboración
Neste sentido a concelleira explica que se pode colaborar de diversos xeitos ata o 15 de decembro:
- Publicitando a campaña entre todos/as persoas coñecidas (verbalmente, compartindo a través das redes sociais...)
- Mercando un xoguete, un xogo educativo, un libro de lectura, unha mochila,... e entregándoo no Desván calquera martes e xoves antes do 15 de decembro
- Revisando nas nosas casas e recuperando un xogo, un xoguete ou un libro que se atope en perfecto estado de uso e entregándoo no Desván calquera martes e xoves antes do 15 de decembro
- Habilitando un punto de recollida no meu establecemento, asociación, centro social... e comunicándoo á organización da Campaña (986787060 – 986780014 – eva.prieto@lalin.gal )
- Depositando unha doazón económica no comercio local (tendas de xoguetes ou librarías) e comunicándoo á organización da Campaña (986787060 – 986780014 – eva.prieto@lalin.gal )
- Organizando algunha iniciativa solidaria ou orixinal no meu círculo de amizades, parroquia, asociación,... e comunicándoo á organización da campaña
ONDE SE ENTREGAN AS DOAZÓNS PARA A CAMPAÑA NINGÚN NENO-A SEN XOGUETE ?
No DESVÁN MUNICIPAL sito na rúa Memorias dun neno labrego nº14 – baixo
CANDO?
CALQUERA MARTES OU XOVES en horario de 10:00h a 13:00h e de 16:00h a 18:00h.
***Calquera persoa ou entidade que non poda achegar a súa doazón neste horario poderá concretar outra data e horario de entrega a través dos seguintes contactos: 986787060 - 986780014 – eva.prieto@lalin.gal