- Solicítase a colaboración da veciñanza para que durante os días nos que se leve a cabo a campaña se depositen os plásticos agrícolas de silos, limpos de herba e terra, nos lugares habilitados ao efecto, de xeito que se evite que estes residuos queden acorados á terra producindo contaminación. Fóra desas datas non se poderán deixar
Continúa a campaña de recollida de plásticos de silos agrícolas do Concello de Lalín polas distintas parroquias, distribuídas en tres zonas, ata o 14 de novembro, sinala o concelleiro de Agricultura, Marcos Mariño.
No día de onte recolléronse os plásticos na zona 2 (zona de Catasós, Vilanova, A Xesta, Barcia, Anseán, Gresande, Cristimil, Soutolongo, Botos, Moneixas, Zobra, Lebozán, Vilatuxe, Lodeiro, Doade, Donsión e Donramiro) nos lugares de acopio establecidos.
A campaña proseguirá os días 11, 12, 13 e 14 de novembro pola zona 1 (parroquias de Noceda, Anzo, Losón, Busto, Madriñán, Méixome, Santiso, Bermés, Prado, Bendoiro e Filgueira) onde os/as veciños/as poderán deixar os plásticos de silo para a súa recollida nos puntos de acopio: xunto ao centro social de Losón, xunto ao centro social de Anzo, xunto ao centro social de Méixome, no campo da festa de Noceda, no campo da festa de Bermés e en Cardexía na finca de Vila fronte a pista que vén do Toxo. O 15 de novembro farase a recollida, da que se encargará en todas as parroquias a empresa SIMA S.L., coa que se concluirá esta campaña de recollida de silos.
O edil de Agricultura precisa que “é importante recordar que os plásticos deben estar limpos de herba e terra e non se poderán depositar nin os cordeis, nin sacos big bags, nin garrafas, nin rodas e tampouco se poderán deixar os plásticos fóra desas datas”.
No caso de depositar residuos nestes lugares diferentes aos plásticos de silo poderá ser sancionado con multas de ata 750 € de acordo ao artigo 67 da ordenanza de medio ambiente e limpeza do Concello de Lalín.
Mariño solicita “a colaboración da veciñanza para que durante os días nos que se leve a cabo a campaña se depositen os plásticos agrícolas de silos, limpos de herba, nos lugares habilitados ao efecto, de xeito que se evite que estes residuos queden acorados á terra producindo contaminación”.