O día 13 de novembro terá lugar unha charla formativa sobre o idadismo dirixido a persoas maiores de 55 anos ás 17 h na sala de prensa do Concello
Carmen Canda remarca a importancia da erradicación da discriminación contra persoas e colectivos por razóns de idade, especialmente cando se producen contra as persoas maiores
As persoas que desexen asistir deberán chamar ou enviar WhatsApp ao teléfono 681301958 ou chamar ao 986780014, ata cubrir as 30 prazas.
A concelleira de Política Social, Carmen Canda, anuncia realización dunha charla formativa sobre o “Por que hai que falar sobre idadismo?” que estará impartida por María José Fares Varela, psicóloga e mestrada en Xerontoloxía Clínica. Terá lugar o vindeiro 13 de novembro de 2023 ás 17:00 na Sala de Prensa do Concello de Lalín.
A charla formativa, enmarcada no Programa Lalín Activa e nas actividades de envellecemento activo, está dirixida especialmente a persoas maiores de 55 anos na que se falará sobre como prexudica do idadismo na sociedade, como nos afecta na vida cotiá e procura sensibilizar as persoas asistentes sobre o problema e procura de solucións.
Falarase de termos como a midorexia, medo obsesivo a envellecer, os efectos do idadismo tal como: invisibilización do colectivo das persoas adultas maiores, exclusión social, limitación de coidados ou tratamentos, desigualdade de oportunidades debido as actitudes negativas sobre a vellez, entre outros.
As actividades de envellecemento activo axudan a envellecer de forma máis activa, mellora a saúde da nosa poboación e é un espazo que nace como instrumento normalizador e facilitador da activación social, mediante o deseño de actuacións orientadas a desenvolver habilidades sociais e socialización, aprendizaxes e formación, fomenta a saúde, a autonomía persoal e a independencia das persoas maiores entre outras cousas.
As persoas que desexen asistir a charla formativa deberá chamar ou enviar WhatsApp ao 681301958 ou chamar ao 986780014, ata cubrir 30 prazas.