- Farase con 145 novos dispositivos que se repartirán entre ordenadores, tablets, novas pantallas e mesmo un novo sistema de conferencia portátil.
- O Concello licitou ao abeiro deste contrato o subministro dun total de 74 novos ordenadores dos que 50 serán estación de traballo fixas e 24 corresponderán a dispositivos portátiles, todos eles de última xeración.
A concelleira de Novas Tecnoloxías, Raquel Lorenzo, anunciou que se atopa en licitación o contrato “PARA LA ADQUISICIO?N Y PUESTA EN MARCHA DE PUESTOS DE TRABAJO INTELIGENTES A DISPOSICIO?N DE LOS EMPLEADOS PU?BLICOS DEL AYUNTAMIENTO DE LALI?N, FINANCIADO POR LA UNIO?N EUROPEA-PRTR” que permitirá ao Concello “renovar e actualizar” unha parte moi importante dos postos de traballo das dependencias municipais e dotar aos traballadores municipais de “postos de traballo intelixentes” e de última xeración. Unha renovación que suporá un investimento próximo aos 100.000 euros e que permitirá dotar ao Concello do equipamento informático avanzado e preparado para o reto que ten por diante a entidade para o paso da súa xestión “á nube” coas melloras que elo significa.
Con este contrato, o Concello farase con 145 novos dispositivos que se repartirán entre ordenadores, tablets, novas pantallas e mesmo un novo sistema de conferencia portátil. No referente a postos de traballo, e por tanto ordenadores tanto fixos como portátiles, o Concello licitou ao abeiro deste contrato o subministro dun total de 74 novos ordenadores dos que 50 serán estación de traballo fixas e 24 corresponderán a dispositivos portátiles, todos eles de última xeración.
NOVAS ESTACIÓNS DE TRABALLO
Estas novas estacións de traballo presentarán “alta capacidade de procesamento, que permita o traballo con programas complexos ou con contidos gra?ficos esixentes, con almacenamento ra?pido, e que teñan marxe de expansio?n para o futuro con procesadores. En canto aos portátiles, deberán estar “especialmente preparados para o teletraballo ou asistencia e imparticio?n de formacio?n, que permitan conexións de alta velocidade e dispoñan de alta capacidade de procesamento. As tablets que se subministrarán deberán ter “capacidade suficiente para facilitar o traballo dos funcionarios do Concello cando se atopen en situacións de mobilidade”.
Unha vez se implementen estes novos equipos, o parque informático municipal quedará totalmente actualizado, ao sumarse esta renovación, a outras máis pequenas pero continuas que se foron acometendo nos últimos tempos.
Unha vez instalados e postos en servizo, os novos equipos permitirán ao Concello asumir o paso á nube de todo o sistema informático municipal e que todos os postos de traballo dependan dos servizos virtualizados e na nube e no dun CPD propio como o que dispón o Concello e que quedará cumprindo outras funcións.
ESQUEMA NACIONAL DE SEGURIDADE
A nova etapa cos novos equipamentos permitirá tamén incrementar a seguridade de todo o sistema de xestión municipal e a implementación de todas as medidas que supón o cumprimento do Esquema Nacional de Seguridade, unha auditoría que vela polo cumprimento de todos os parámetros de Protección de Datos e da seguridade dos mesmos.