- A unidade móbil situarase na Praza da Igrexa en horario de 10.30 a 14.30 e de 16.30 a 21 horas
-
Seijas anima á poboación lalinense a participar porque cun xesto altruísta pódense chegar a salvar vidas
A concelleira de Sanidade, Noelia Seijas, informa que “a Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos desenvolverá unha nova campaña de doazón de sangue en Lalín que se levará adiante o próximo venres, 3 de novembro”. “A unidade móbil situarase na Praza da Igrexa o venres 3 de novembro en horario de 10.30 a 14.30 e de 16.30 a 21 horas”, explica.
Seijas fai fincapé en que “resulta fundamental a participación da veciñanza nestas campañas que se desenvolven de xeito periódico e que permiten cun xesto de solidariedade e altruísmo poder chegar a salvar vidas”.
Cómpre lembrar que para doar sangue hai que almorzar e despois de xantar hai que esperar 2 horas. Deberase levar a tarxeta de doazón, DNI ou documento similar e presentar informe médico se está a tomar algún medicamento. Precísase ter máis de 18 anos e pesar máis de 50 kg.