Este ano adiantouse nuns días a colocación de elementos ornamentais navideños con respecto a anos precedentes e reforzarase a iluminación nas zonas de máis atracción turística como as Aldeas de Nadal ou as rúas céntricas. Incluirase por primeira vez a iluminación das árbores da rúa Rosalía de Castro
O Concello de Lalín está instalando durante estes días a iluminación de Nadal, no que supón uns días de adianto respecto a anos anteriores, que se viñan colocando a comezos de novembro. Así o explica a concelleira responsable da área de Aldeas de Nadal, Karen Fernández.
En total haberá un total de 125 arcos polas distintas rúas lalinenses e instalaranse elementos ornamentais nas árbores da rúa Principal e Loriga. Ademais tamén inclúe como novidade a iluminación das árbores da rúa Rosalía de Castro. Así mesmo adornaranse as rotondas, a zona do Regueiriño e o Concello, sinala.
A responsable municipal sinala que “este ano reforzaranse as zonas de máis atracción de turistas como son as propias Aldeas de Nadal así como as rúas céntricas do pobo”.
Karen Fernández avanza que “a instalación dos elementos ornamentais continuará nos vindeiros días, polo que pedimos colaboración e comprensión á veciñanza polas posibles molestias que algúns destes traballos puidesen conlevar”. “Tentaremos facelo tentando minimizar as incidencias e no menor tempo posible”, remarca.