- O prazo de presentación das cartas, que deberán ter como temática as violencias por razón de xénero, abrirase nos próximos días, unha vez se publique no BOPPO o extracto das bases e haberá tempo ata o 9 de novembro
- Poderán participar todas as persoas que o desexen, podendo enviar un máximo de tres cartas
-
As tres mellores cartas elixidas por un xurado entre as vinte preseleccionadas pola organización serán premiadas cun diploma acreditativo e con dispositivos electrónicos de lectura
de xénero, convoca a XX edición do Concurso de cartas “Dillo a quen maltrata” 2023. Así o explica a concelleira de Igualdade, Carmen Canda, que explica que o concurso se rexe de acordo ás bases que se veñen de aprobar en xunta de goberno local. O prazo de presentación de traballos abrirase unha vez se publique no Boletín Oficial da Provincia o extracto de bases e permanecerá aberto ata o 9 de novembro.
Con esta iniciativa, organizada pola Oficina de Igualdade do Concello de Lalín, ten como finalidade promover a reflexión sobre a problemática da violencia de xénero nas súas diferentes manifestacións (física, psicolóxica, sexual, económica, estrutural, vicaria...) así como os efectos e consecuencias da mesma.
Poderán participar todas as persoas que o desexen, podendo enviar un máximo de tres cartas. As cartas deberán ser remitidas xunto coa ficha de inscrición ao Rexistro Xeral do Concello de Lalín dentro dun sobre pechado, no que figurará XX Concurso de cartas “Dillo a quen maltrata” ou ben enviarse por correo electrónico a axentedeigualdade@lalin.gal por separado nun arquivo a carta e noutro a ficha de inscrición, indicando no asunto XX Concurso de cartas “Dillo a quen maltrata”.
A temática á que deben axustarse os traballos son as violencias por razóns de xénero. Os traballos presentaranse en galego ou castelán e terán unha extensión máxima de dous folios, escritos a unha soa cara a dobre espazo, preferiblemente en letra Arial, tamaño 12 e formato DIN A4. Todos deberán ser traballos orixinais, inéditos e non presentados en anteriores concursos.
Os criterios de valoración polo xurado para elixir ás persoas premiadas serán o contido e tratamento do tema (ata 4 puntos), a orixinalidade (ata 3 puntos), e expresión e presentación en xeral (ata 3 puntos).
Estas bases reguladoras publicaranse no BOPPO e con posterioridade enviarase a convocatoria á Base Nacional de Subvencións que será a que dea traslado do seu extracto ao BOPPO. O prazo de presentación das cartas empezará ao día seguinte á publicación do extracto e rematará o xoves, 9 de novembro.
A organización do concurso procederá á preselección de vinte cartas. Destas vintena de traballos un xurado compostos por concelleiros/as de diferentes áreas municipais, dos membros dos distintos grupos da oposición e por persoal técnico con experiencia en violencia de xénero, presidido pola concelleira de Igualdade, valorará de 1 a 10 puntos cada unha das cartas atendendo aos ditos criterios de valoración expostos. Entre as mellor puntuadas elixirá as tres gañadoras.
Os premios consistirán nun diploma acreditativo e nos seguintes premios:
- 1º premio: tablet 11” 4GB 128 GB valorada en 269 €
- 2º premio: tablet 10,1” 3GB 32 GB valorada en 169 €
- 3º premio: libro electrónico 6” valorado en 129 €
Os premios entregaranse en acto público con presenza das persoas gañadoras. Os premios poderán ser declarados desertos e o fallo do xurado será inapelable.
A concelleira de Igualdade anima a “toda a veciñanza a presentarse a esta iniciativa, xa que estamos a falar dunha lacra que afecta a toda a sociedade, que convén visibilizala e promover a súa prevención”.