- Abrangue charlas en formato participativo e lúdico, en coordinación co profesorado e equipos de orientación do centro de ensino sobre respecto á diversidade, igualdade e dereitos humanos
Continúa desenvolvéndose no día de hoxe no IES Laxeiro o programa GENDER ABC, promovido polo Concello, a través da Oficina de Igualdade, e en colaboración con Médico do Mundo. Deu comezo no día de onte e abranguerá unha terceira xornada o próximo 26 de outubro con todo o alumnado de 3º de ESO e 1º e 2º de FP básica do IES Laxeiro.
O proxecto desenvólvese en centros de educación secundaria de todo o estado impartindo obradoiros en formato participativo e lúdico, en coordinación co profesorado e equipos de orientación do centro de ensino.
As temáticas que se abordan son o respecto á diversidade, a igualdade e os dereitos humanos, para contribuír á reflexión e debate entre xóvenes e adolescentes, sobre as relacións baseadas no botrato e a convivencia. Tamén se abordarán cuestión chave para comprender e cuestionar a violencia de xénero.
Os contidos dos módulos preséntanse desde o punto de vista do alumnado para que poidan comprender como funcionan as desigualdades e as violencias de xénero. Cun enfoque participativo anímase ao alumnado a identificar os roles e estereotipos de xénero na sociedade, atopar modelos positivos de desenvolvemento individual non sexistas, promover liderados para previr e loitar contra a violencia de xénero e, en definitiva, converterse en xóvenes axentes de cambio.