- O 17, 18 e o 26 de outubro desenvolverase tamén no mesmo instituto o programa GENDER ABC que abrangue charlas en formato participativo e lúdico, en coordinación co profesorado e equipos de orientación do centro de ensino
Organizada desde a Oficina de Igualdade do Concello de Lalín, a través da organización Médicos do Mundo, hoxe tivo lugar unha charla sobre o “botrato” para alumnado de 1º e 2º de FP básica no IES Laxeiro de Lalín, no marco do programa Sensibilización e toma de conciencia social, crítica e transformadora para a prevención da trata con fins de explotación sexual.
Este programa desenvólvese en todo o estado e traballa con diversos públicos (profesionais, entidades e asociacións, Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e sector empresarial, para dar a coñecer o fenómeno da explotación sexual e trata, no marco das violencias sexuais.
Estas charlas encamíñanse ao recoñecemento dos modelos de relación a través da pornografía e nas redes sociais, encamiñando a reflexión de cara a modelos de relacións e sexualidade baseados no respecto e o consentimento.
Por outra banda realizarase tamén conxuntamente con Médicos do Mundo, o programa GENDER ABC no IES Laxeiro desta localidade.
O programa desenvolverase os días 17, 18 e 26 de outubro con todo o alumnado de 3º de ESO e 1º e 2º de FP básica do IES Laxeiro.
O proxecto desenvólvese en centros de educación secundaria de todo o estado impartindo obradoiros en formato participativo e lúdico, en coordinación co profesorado e equipos de orientación do centro de ensino.
As temáticas que se abordan son o respecto á diversidade, a igualdade e os dereitos humanos, para contribuír á reflexión e debate entre xóvenes e adolescentes, sobre as relacións baseadas no botrato e a convivencia. Tamén se abordarán cuestión chave para comprender e cuestionar a violencia de xénero.
Os contidos dos módulos preséntanse desde o punto de vista do alumnado para que poidan comprender como funcionan as desigualdades e as violencias de xénero. Cun enfoque participativo anímase ao alumnado a identificar os roles e estereotipos de xénero na sociedade, atopar modelos positivos de desenvolvemento individual non sexistas, promover liderados para previr e loitar contra a violencia de xénero e, en definitiva, converterse en xóvenes axentes de cambio.
Médicos do Mundo desenvolve a súa labor en Galicia desde fai case 30 anos, defendendo os dereitos humanos e combatendo as discriminacións.