- Ampliase a plataforma de rodaxe de dito viario que presenta unha zona de rodaxe practicamente nova
O concelleiro de Obras, José Cuñarro, estivo a inspeccionar esta mañá as obras que se están a acometer no viario que vai dende o núcleo de Palmaz a Malato. Un viario no que se están a instalar canalizacións de gran capacidade para a evacuación da auga da choiva que se recolle en todo o núcleo e con elo evitar o deterioro do viario que están con afirmado practicamente novo.
Ademáis, e unha vez se proceda a recubrir ditas tubaxes, procederase á construción da correspondente cuneta que evacúe a auga superficial que se recolle nese viario. Ao construír dita cuneta en formigón, tamén se ampliará a plataforma de rodaxe desta pista amplamente transitada por maquinaria pesada ao ser a conexión do núcleo e das granxas cunha zona de numerosos predios rurais.