- O rexedor pide respecto ao medio ambiente para que non se repitan este acúmulo de lixo, refugallos e diversos materiais xa sen uso
O alcalde de Lalín, José Crespo, visitou outros dos vertedoiros incontrolados recén retirado pola empresa Tragsa con cargo aos fondos da consellería de Medio Ambiente. Trátase dunha zona próxima ao viario que comunica a parroquia de Filgueira coa parroquia de Santiso e que presentaba unha gran cantidade de lixo de diversos tipos.
Os traballadores de Tragsa retiraron refugallos tanto plásticos, como restos vexetais e incluso rodas e electrodomésticos. O que deixo o entorno natural próximo á estrada totalmente limpo e sen maleza.
O alcalde agradeceu o traballo que fixo a consellería de Medio Ambiente neste punto e agarda que ditos verquidos non se reproduzan. Por tanto, que se respecte a cartelaría que se coloca nos vertedoiros erradicados que pide respecto para eses entornos naturais. Pide aos veciños sensibilidade e evitar este tipo de acúmulos que prexudican o medio ambiente de aqueles puntos e, por tanto, das parroquias onde se ubican.