- As obras acometéronse con persoal municipal
O alcalde de Lalín, José Crespo, e mailo concelleiro de Obras, José Cuñarro, visitaron as obras de desanche de camiños que se están a acometer no lugar de Froxán da parroquia de Castro de Cabras que permitirá aos veciños con predios rurais na zona acceder aos mesmos con maquinaria de maior tamaño e, por tanto, optimizar o rendemento das maquinaria e do seu traballo.
Trátase de dous camiños que totalizan máis de 1 km de percorrido e que dan acceso a deceas de propiedades ás que ata o de agora só se podía acceder con tractores pequenos e remolques estreitos. Cos traballos realizados pola brigada municipal de obras xa se poderá acceder a eles con maquinaria pesada.
Ademais do ancheamento da zona de paso, os traballadores municipais procederon a dotar de zahorra aqueles puntos que pola súa configuración podían quedar encharcados e tamén se dotou neses puntos de tajeas para a recollida de auga e que o firme se manteña nas mellores condicións.
Con esta actuación resólvese unha petición de vello dos veciños do lugar para mellorar os acceso nunha zona de amplo interese gandeiro