- Retiráronse toneladas de lixo por parte da empresa contratada pola Xunta de Galicia para a erradicación de vertedoiros en Lalín de gran tamaño ao abeiro do programa de “Recuperación, restauración, adecuación e limpeza de puntos de vertido incontrolado”
O alcalde de Lalín, José Crespo, e mailo concelleiro de Urbanismo, Pablo Areán, visitaron esta mañá o vertedoiro incontrolado situado no lugar de Outeiro, na parroquia de Filgueira. Un vertedoiro que foi erradicado nas últimas semanas e todo o lixo que presentada destinado ao seu tratamento ou reciclaxe. Con estes traballos, o entorno natural desta masa de monte común, situado na ribeira dun regato, queda restablecido e sen lixo.
Deste punto retiráronse toneladas de lixo por parte da empresa contratada pola Xunta de Galicia para a erradicación de vertedoiros en Lalín de gran tamaño ao abeiro do programa de “Recuperación, restauración, adecuación e limpeza de puntos de vertido incontrolado”, unha operación cofinanciada pola Unión Europea Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020.O Obxectivo deste programa é o de “contribuir a conservacion do medio ambiente e o patrimonio natural. Unha maneira de facer Europa cun espazo natural rexenerado” e no que se fai a recomendación de “depositar os residuos nun lugar autorizado”.
Crespo agradeceu o traballo da Xunta na retirada deste vertedoiro e doutros cinco máis de gran tamaño situados en varios puntos do termo municipal que visitará nos vindeiros días. O rexedor pide aos veciños que, unha vez recuperados estes espazos, se manteñan libres e limpos de lixo de todo tipo que ían dende resto de podas e de limpezas de predios rurais, a electrodomésticos, restos de obras e un longo etc.
O goberno está a valorar que algúns destes espazos sexan habilitados para usos públicos e servizo á comunidade de veciños.