- Dará servizo a 60 vivendas desa parroquia
O edil de Obras, José Cuñarro, visitou as obras que se están a acometer na parroquia de Noceda para a construción do saneamento que dá servizo a varios dos núcleos da parroquia e que están próximas a se rematar.
Os traballos que acomete a empresa adxudicataria dos servizos de subministro de augas, Aquadeza, darán servizo, unha vez estean rematadas, aos núcleos de Noceda de Abaixo, Igrexa e Toxiña. Sumando un total de 60 vivendas e preto de dous centenares de veciños que poderán contar so servizo público de tratamento de augas.
O edil indica que neste intre son preto de media decena as parroquias que están a rexistrar obras e traballos para a instalación nos seus núcleos do servizo de saneamento dentro do plan organizado polo Concello para o incremento dos servizos de saneamento.