O CONCELLO PON EN MARCHA O OPERATIVO ESPECIAL DE TRÁFICO PARA AS FESTAS DAS DORES 2023
O edil de Mobilidade e Tráfico, Pablo Areán, dá a coñecer o Plan de Tráfico para as Festas das Dores 2023 que establece as seguintes medidas:
- Zona do Regueiriño: corte pola instalación e presenza das atraccións
- Corte na Avda. Luís González Taboada (desde a Pintor Laxeiro a Maruja Gutiérrez) aprox. desde as 22.30 h ata as 08.00 h da mañá para facilitar os labores de limpeza (horarios flexibles en función da afluencia da xente)
- Rúa Rosalía de Castro: peche durante estes días, por suposto garantindo o acceso a residentes e subministros
- Corte da rúa Molinera (desde a Avda. Bos Aires ata a Rosalía de Castro) nas franxas horarias nocturnas coincidindo coa celebración dos concertos no Campo da Feira (horarios flexibles en función da afluencia da xente)
- Os pasarrúas non van implicar cortes e faranse coas oportunidades medidas de vixilancia e supervisión para que todo discorra axeitadamente coa colaboración dos membros da Comisión e das propias agrupacións
Venres 22
- Péchase o Campo da Feira para montaxe desde primeira hora da mañá ata final de festas
- Rúa Principal: córtase no horario habitual (20.30 h) ata final de festas
Sábado 23
- Sobre ás 18 h aprox. para a celebración do desfile do I Festival de Bandas de Gaitas, corte da Matemático Rodríguez á altura da rúa Colón ata a fonte dos Cabalos. O desfile discorre pola Matemático Rodríguez, sobe pola rúa Principal, Joaquín Loriga, Pintor Laxeiro, Luís González Taboada ata a Praza da Vila onde terá lugar o Festival a partir das 19 h. No momento do concerto, péchase o tramo da Luís González Taboada (desde a Pintor Laxeiro ata a entrada do parking) quedando habilitado en todo momento o acceso ao parking
- Este treito da Luís González Taboada permanecerá pechado ata o remato do concerto da Charanga Ardores, que tamén implica o corte do treito da Pintor Laxeiro desde a Avenida de Bos Aires
Domingo 24
- Corte da rúa Matemático Rodríguez (treito diante da Praza da Torre) para a instalación do palco onde se celebrarán o concerto da Banda de Lalín e o especial da Banda de Lalín con Serafín Zubiri
- 12.30 h: procesión que discorre desde a Praza da Igrexa ata o KM0, continúa pola Joaquín Loriga, baixa pola rúa Molinera, Ramón Aller ata a rúa Colón onde sobe cara á Praza da Igrexa
- Desde 15.00 h. estará prohibido estacionar na contorna da Praza da Marina e da rúa Memorias dun neno labrego para a montaxe do palco das actuacións. Actuacións que implican cortes na propia Praza da Marina, na Memorias dun neno labrego e da rúa Melide en sentido descendente.
- Prohibido estacionar nas inmediacións do Agro de Lalín de Arriba desde a mañá para a montaxe do espectáculo pirotécnico ata o remate. Sobre ás 23.45 h péchase a Rolda Leste entre a rúa Vidal Abascal e a rúa da Garda Civil por mor do propio lanzamento de fogos ata a finalización
Galería imaxes