ENTRA EN SERVIZO A NOVA RETROESCAVADORA MUNICIPAL QUE COMPLETA AS NECESIDADES DESTE TIPO DE MÁQUINA NA BRIGADA DE OBRAS
- O vehículo finánciase con cargo ao Fondo de Compensación Ambiental
O alcalde de Lalín, José Crespo, acompañado do concelleiro de Obras e Servizos, José Cuñarro, recibiron de mans do provedor, as chaves da nova retroescavadora da que disporá o Concello é que a segunda coa que contará a brigada de obras para traballos de mantemento viario, limpeza de cunetas, obras de distinta índole, arranxos e mantemento.
A nova retroeScavadora de última xeración tivo un orzamento superior aos 100.000 euros e permitirá dispor aos operarios municipais dunha máquina con máis potencia que a anterior o que implica unha maior marxe de traballo nas obras que se acometen.
Este vehículo é financiado con cargo á partida do Fondo de Compensación Ambiental 2023 e xa comezar a operar de xeito inmediato
Galería imaxes