ACOMÉTESE A MELLORA DA CAPA DE RODADURA DA ESTRADA MATO A SANTISO QUE TEN MÁIS DE UN KILÓMETRO DE LONXITUDE
- Dá servizo a numerosos predios rurais do entorno de Santiso e Méixome
O concelleiro de Obras, José Cuñarro, visitou as obras que se están a acometer para a mellora da capa de rodadura da estrada que vai dende Mato a Santiso na parroquia de Santiso e que ten máis de un kilómetro de percorrido que foi aglomerado en quente.
Os traballos permitirán acondicionar este viario que serve de acceso a numerosas fincas de gran tamaño e tamén de eixo de comunicación a veciños de varias parroquias do entorno como as de Santiso, Méixome e todo entorno.
Esta mellora viaria acométese coa financiación do Plan Concellos 2023
Galería imaxes