Tiveron unha excelente acollida e unha alta demanda, rexistrándose lista de agarda
O goberno ten previsto continuar poñendo en valor este distintivo de calidade turística coa organización proximamente de novas actividades
O primeiro ciclo de actividades de posta en valor do Destino Starlight promovido desde o goberno municipal chegará á súa fin o vindeiro mércores cun balance moi satisfactorio dada a excelente acollida e á alta demanda que tiveron.
En todas elas se cubriron as prazas e houbo lista de agarda, sendo a máis significativa a da observación das Perseidas desde o Alto de Rodelas na noite do pasado 12 de agosto na que participaron preto de 200 persoas, entre as que se desprazaron no autobús que puxo o Concello para facilitar o desprazamento e as persoas que ao decatarse da actividade se achegaron pola súa conta ao punto de observación Starlight. Aínda así quedaron unhas 30 en lista de agarda na Noite das Perseidas e 10 na primeira observación levada a cabo no Museo Ramón Mª Aller.
Cun obradoiro de astronomía, que incluirá a conferencia “Que é Lalín Leste, Destino Turístico Starlight? -será impartida ou ben polo catedrático e director do Observatorio Astronómico da USC, José Ángel Docobo, ou polo profesor Pedro Pablo Díaz- e coa posterior sesión de observación astronómica co telescopio do Museo, actividade que se iniciará ás 21 horas do mércores 23 de agosto no Museo municipal darase por concluído así este primeiro ciclo de actividade. Indicar que nesta última actividade do 23 de agosto cubríronse con cita previa as 25 prazas ofertadas e hai unha lista de agarda de 20.
Está previsto o goberno organice novas actividades nos vindeiros meses coas que continuar difundido o Destino Starlight de Lalín, desde a condición de berce da historia da astronomía en Galicia, e dando cabida á alta demanda.