- Begoña Blanco fai fincapé en “conseguir que unha das motivacións principais polo que a xente visite Lalín sexa realizar as distintas rutas que discorre ao longo do noso territorio”
O Concello de Lalín recibiu o certificado de homologación físico da Ruta dos Pazos e Ponte Taboada. A concelleira de Turismo, Begoña Blanco, incide “na importancia do sendeirismo no noso municipio onde se integran natureza, etnografía e patrimonio, os ingredientes perfectos para ofertar rutas de calidade”.
Blanco sinala que “coa colaboración de Roteiros de Lalín, o Concello pretende seguir posicionando a rede de sendeiros como referente de Galicia aproveitando a súa localización central na comunidade”. “Queremos conseguir que unha das motivacións principais polo que a xente visite Lalín sexa realizar as distintas rutas que discorren ao longo de todo o territorio”, remarca.
Cómpre destacar que que varios dos roteiros posúen xa esta homologación: roteiro dos Pazos e Ponte Taboada (PRG 234); sendeiro de Zobra (PRG 188); ruta do castro de Doade (PRG 210); o roteiro das Devesas do Candán (PRG 227) ou a ruta do Muíño de Cuiña (PRG 248).