- Con esta iniciativa, promovida polo Concello en colaboración coa Xunta, créanse espazos de esparexamento dirixidos a persoas maiores de 55 anos a fin de promover un envellecemento saudable
- Os puntos xeográficos onde se desenvolve o programa son: Botos, Cercio, Donramiro, Filgueira, Goiás, Muimenta, Prado, Vilatuxe, Soutolongo e Lalín
- A veciñanza que desexe asistir pode anotarse no departamento de Servizos Sociais do Concello de Lalín
O Concello de Lalín en colaboración coa Xunta de Galicia a través da Consellería de Política Social e Xuventude pretenden proporcionar espazos onde os seus familiares realicen actividades e se fomenta o envellecemento saudable mentres estes gocen de conciliación e respiro familiar a través do programa “Lalín Activa” para o exercicio 2023.
A concelleira de Política Social, Carmen Canda, explica que “desde o arranque do programa, o pasado día 3 de xullo no local social de Donramiro, está a ter unha boa acollida levándose a cabo dinámicas de presentación para favorecer a cohesión grupal e facilitar as relacións interpersoais, como tamén actividades, que marcan o eixo central das dinámicas e as máis demandadas polas persoas participantes, a estimulación cognitiva (debates, reminiscencia, xogos e dinámicas grupais, etc.) e actividades de psicomoticidade. Ademais, realízanse actividades sobre hábitos saudables, autocoidados e benestar, manualidades, tempo de lecer, etc.”.
Beneficiarios
O programa está previsto que ofreza servizo a 250 usuarios en 10 locais no que o horario do persoal será partido en dúas sesións para levar a cabo o servizo en dúas parroquias cada día de 9:30 a 13:15 horas e de 16:30 - 20:15 horas de luns a venres. Estímase que uns 500 veciños/as sexan os beneficiarios directores e indirectos desta iniciativa. Lévase a cabo nos locais de Botos, Cercio, Donramiro, Goiás, Muimenta, Prado, Vilatuxe, Soutolongo, no Espazo Activo de Lalín e no obradoiro en Filgueira.
Lalín (20), Goiás (19) e Donramiro (17) son ata o de agora as parroquias con maior número de participantes. Como requisito para tomar parte é necesario estar empadroados no Concello de Lalín e ser maior de 55 anos. A veciñanza que desexe asistir deberán anotarse presencialmente no departamento de Servizos Sociais do Concello de Lalín.