- En total visitaron a mostra, que coincidiu coa de Castelao grafista (facsímile) un total de 2.126 persoas: xente de paso, veraneantes e peregrinos
Mañá, mércores, día 19, remata a XVI Bienal Pintor Laxeiro. Unha Bienal que estivo marcada pola afluencia de persoas chegadas de toda España e doutros países, en total 2.126. Esta afluencia foi debida en gran parte a xente de paso, peregrinos, veraneantes en Lalín nesta Comarca, colexios e colectivos de persoas que fan excursións dun ou dous días.
Destacar aos visitantes de Madrid, Barcelona, Valencia, País Vasco, Estremadura, Murcia e de cidades galegas coma A Coruña, Vigo, Pontevedra, Ourense, Lugo, Melide, Carballiño, Santiago, Cuntis, Vilagarcía, Rodeiro, Chantada, O Grove. Tamén visitaron a Bienal peregrinos xaponeses facendo o Camiño de Inverno e outros facendo o Camiño Sanabrés procedentes de Alemaña, Venezuela e de Bos Aires.
Os artistas representados nesta Bienal foron os nados ou residentes no Camiño Sanabrés, desde Ourense a Santiago, pasando por Lalín. A temática foi variada (paisaxe galega, gastronomía, romeiros, personaxes do clero...). Cada artista participaba cunha obra e foron os seguintes: Lino Villafínez, Juán L. López García, Carlos Maside, Manuel Colmeiro, José Otero Abeledo “Laxeiro”, Enrique Vidal Abascal, L. Vázquez Trabazo, M. Prego de Oliver, Vidal Payo, Virxilio Fernández, Elena Colmeiro, Pilar Taboada, Xaime Quessada, Paco Lareo, Manuel Buciños, Acisclo Manzano, Alfonso Sucasas, Gloria Alonso, José Luis de Dios, Manuel Quintana Martelo, Nicolás González Aller, Vidal Souto, Alexandro, María José Díaz, Ricardo Ferreiro, José Antonio Fondevila, Rafael Romero Masiá, Antón Lamazares, Antonio Taboada “Wily”, Guillermo Aymerich, Armindo Salgueiro, Misha Bies Golas, María Meijide, Noelia “A Ferreira” y Aitana Iglesias.
Esta exposición coincide no tempo coa de Castelao grafista (facsímile), que tivo unha das salas enfocada aos colexios da Comarca que pasaron a vela en grupos de 25 alumnos en varios días. Agora xa se poden ver a exposición permanente dedicada a Laxeiro e catro vitrinas con diversos obxectos cedidos pola familia Vidal Costa con documentos inéditos, moitos deles pertencentes a don Ramón Mª Aller.