A Real Filharmonía de Galicia abrirá o festival o venres 14, ás 20.00 horas, na Praza da Igrexa na que será unha ocasión excelente para escoitar a unha das mellores orquestras
- Esta cuarta edición deste festival referente a nivel mundial na música de clarinete está dirixido ao conxunto da veciñanza e presenta como novidades a posibilidade que lle dá aos músicos participantes de entrar a formar parte durante a tempada de concertos 2023-2024 nalgunhas das mellores orquestras internacionais
- Incorpora tamén o Concurso de Composición “Reveriano Soutullo”, orientado á creación de pezas para clarinete e conxunto de clarinetes no que as obras gañadoras obterán un premio en metálico e posterior edición da obra
Lalín prepárase para acoller do 14 ao 22 de xullo o IV Xacobeo Clarinet Fest que incorporará novidades a celebración do I Concurso Internacional “I Xacobeo International Clarinet Competition” e o I Concurso de Composición para clarinete “Reveriano Soutullo”.
A través do concurso internacional “I Xacobeo International Clarinet Competition” este festival referente a nivel mundial no mundo da música do clarinete abrirá as portas ao mundo orquestral a todos/as os/as participantes. Está orientado a alumnos/as que estean a cursar estudos superiores e másteres que, grazas a este concurso, poderán optar como premio a participar como músicos activos durante a tempada de concertos 2023-2024 en tres grandes orquestras internacionais: a Real Filharmonía de Galicia, a Orquestra Sinfónica de Galicia e a Orquestra de Guimaraes.
Precisamente, a Real Filharmonía de Galicia abrirá o ciclo de concertos deste IV Xacobeo Clarinet Fest cunha actuación gratuíta o venres 14 de xullo, ás 20.00 horas, na Praza da Igrexa, o que supón unha ocasión excelente de escoitar unha das mellores orquestras.
Tamén por vez primeira celebrarase o Concurso de Composición para clarinete “Reveriano Soutullo” co obxectivo de poder abrir un espazo para os compositores relacionado co mundo do clarinete. Neste concurso, orientado á creación de pezas para clarinete solista e conxunto de clarinetes, contarase cun xurado de excepción formado por directores e compositores galegos.
As obras gañadoras obterán un premio en metálico e a edición posterior da obra. Ademais estrearanse e interpretaranse dentro da programación do festival. Neste concurso, orientado á creación de pezas para clarinete solista e conxunto de clarinetes, contarase cun xurado excepcional formado por directores e compositores galegos.
O Festival e Academia conta con clarinetistas de diferentes nacionalidades e presenta unha heteroxénea programación distribuída en concertos, exposicións, conferencias así como múltiples clases maxistrais que se celebrarán en emprazamentos como a Praza da Igrexa, o Museo Municipal, o Auditorio Municipal, sempre co ánimo de abrir o festival ao conxunto da sociedade e acadar así unha maior difusión de asistencia e de contribuír á dinamización do pobo dun xeito importante. Remarcar que o festival estará orientado a estudantes, clarinetistas profesionais e afeccionados pero ademais é aberto ao público en xeral.
Xacobeo Clarinet Beer Fest
No Xacobeo Clarinet Fest tamén haberá produtos da zona elaborados en formato de petiscos polos restauradores lalinenses complementados con bebidas artesás e ecolóxicas elaboradas na zona (cervexa e hidromel), baixo o lema Xacobeo Clarinet Beer Fest.
Contarase coa presenza de recoñecidos clarinetistas como son os son o holandés Arno Piters, o australiano David Griffiths, o húngaro-Rumano Tibor Reman, a canadiense Michelle Anderson, os italianos Lorenzo Coppola, Massimo Mazzone, Niccola Giammariano, os portugueses Vitor Matos e Sergio Pires, os españois Juan Ferrer, Wolfgang Puntas, Josep Sancho, Josep Fuster, José Franch Ballester, e os galegos Xocas Meijide e Emilio Alonso Espasandín.
Tamén se contará coa presenza de tres grandes pianistas como Alicia González Permuy, Pablo Rodríguez e Cristina Esclapez, considerados como os máximos expoñentes a nivel mundial dentro das súas especialidades. Estarán presentes tamén os mellores constructores de clarinete do panorama mundial como son Selmer, Buffet Crampon, Patricola, Backun ou Yamaha entre outras.
Así mesmo estarán presentes tamén os mellores construtores de clarinete do panorama mundial como son Selmer, Buffet Crampon, Patricola, Backun ou Yamaha, entre outras.
Na programación do Xacobeo Clarinet Fest tamén teñen presenza elementos de carácter etnográfico e cultural autóctonos como son a tradición do conto oral e a representación de monicreques, adaptados ambos ao eido musical.