- O alcalde brindoulle unha recepción a dez alumnos/as lalinenses que obtiveron unhas cualificacións excelentes nas recentes probas da ABAU dándolle visibilidade pública ao rendemento académico
O Concello de Lalín recoñece a excelencia académica do alumnado lalinense na ABAU (Avaliación de Bacharelato para o acceso á universidade). Foi nunha recepción que o alcalde, José Crespo, lle ofreceu a dez alumnos/as que obtiveron unha cualificación destacada nesta proba a quen lle entregou un diploma conmemorativo. Unha recepción que tivo lugar no salón de plenos e na que tamén tomou parte a concelleira delegada de Educación, Begoña Blanco; o edil de Xuventude, Avelino Souto; a de Emprego, Beatriz Canda, así como representación dos equipos directivos do IES Ramón Mª Aller (vicedirector, Santiago Cerviño) e IES Laxeiro (Xosé Manuel López, director).
Crespo destacou trasladou a en hora boa ao alumnado dos dous institutos, así como aos equipos directivos e ás familias dos/as alumnos/as. Indicou que “premiar a excelencia académica é un deber de calquera administración; sentímonos moi orgullosos de que a xente de Lalín triunfe en todos os eidos (...)”.
“Quero en nome do pobo de Lalín, a quen represento neste acto, darvos as grazas porque podemos presumir de que temos moi boas notas, moi bos alumnos e moi boa xente. Agradecervos aos profesores que vos formaron e sobre todo, aos pais, que son os que están no día a día”, remarcou. “Para Lalín é un orgullo tervos, seguide na liña que estades e logo facede aquilo que vos guste e que teñades moita sorte na vida”, concluíu.
A relación de alumnos/as participantes na recepción, con notas comprendidas entre 9,6 e 8,47 na ABAU foron:
IES RAMÓN Mª ALLER
-Rodrigo Fernández Fernández
-Miguel Cudeiro Guerreiro
-Sara Rodríguez Fernández
-Laura Varela Rodríguez
-Brais Golmar Gómez
-Raquel Montoto Gómez
IES LAXEIRO
-Nuria Lamazares Fernández
-Lucía Barros Jeremías
-Ademar Montoto González
-Olivia Rodríguez González