Será a segunda das actividades formativas no marco desta iniciativa de colaboración e desenvolverase na sala de prensa do Concello a partir das 16.30 h ambos os dous días
Ao abeiro deste acordo de colaboración entre Concello de Lalín e a Universidade de Vigo desenvolveranse un total de cinco seminarios gratuítos para persoas maiores de 50 anos, catro en xuño ademais do xa desenvolto en abril sobre a soidade non desexada
O número de prazas ofertadas neste seminario sobre “Saúde e benestar” é de 35 prazas debido á elevada demanda que está a ter
Con esta iniciativa trátase de promover a importancia do envellecemento activo, da continua formación e aprendizaxe nas aulas así como contribuír a acadar unha mellora da calidade de vida, do benestar e da participación a través do exercicio intelectual
Durante o mes de xuño terán lugar catro seminarios que impartirá profesorado da Universidade de Vigo. Así os vindeiros 5 e 6 de xuño desenvolverase o II Seminario sobre “Saúde e benestar” na Sala de prensa do Concello de Lalín e será impartido por Marisol López Reyes, profesora do Programa Universitaria de Maiores da Universidade de Vigo.
O seminario consta de dúas sesións: a primeira, a sesión divulgativa, que terá lugar o día 5 de xuño de 16:30 a 18:30 na que se falará sobre a importancia da alimentación para a saúde, os beneficios do consumo de alimentos locais sostibles, saudables e de tempada; e a segunda, a sesión práctica, que terá lugar o día 6 de xuño de 16:30 a 19:30 sobre a gastronomía, aptitude culinaria e propiedades nutricionais dos produtos agroalimentarios da capital do Deza e demostración e cata de produtos autóctonos.
Os seguintes seminarios son: “Tecnoloxía uso de ferramentas no teléfono móbil” os días 14 e 15 de xuño con temas como aplicación de WhatsApp, código QR, banca electrónica, citas médicas, etc.; “Como entender os impostos” os días 21 e 22 de xuño no que se remarcará a importancia de coñecer cuestións básicas que rodean a fiscalidade, tratamento de herdanzas, plans e fondos de pensión, etc; e “Arte e historia” os días 27 e 29 de xuño no cal se coñecerá o patrimonio do Concello de Lalín e se fará unha visita guiada ao Pazo de Liñares.
Ao abeiro deste acordo de colaboración entre Concello de Lalín e a Universidade de Vigo desenvolveranse un total de cinco seminarios gratuítos para persoas maiores de 50 anos, catro en xuño ademais do xa desenvolto en abril sobre a soidade non desexada.
O convenio de colaboración do Concello de Lalín coa Universidade de Vigo ten como obxectivo principal afrontar desde o eido universitario o achegamento de formación sobre diversas temáticas de interese para a veciñanza e, especialmente para as persoas maiores, ao tempo que promover a participación e a aprendizaxe ao longo da vida e, ao mesmo tempo, paliar as dificultades que sofren as persoas para participar no tempo o ocio e desfrutalo de forma satisfactoria, para a súa formación, etc., a través deste programa ou de iniciativas como a Aula Sénior, musicoterapia, entre outras.
Programación
Seminario I: “A soidade non desexada”
- 27 de abril, de 16.30 a 18.30 h.
Sesión teórica: A soidade é sempre mala?
- 27 de abril, de 18.30 a 20.00 h.
Sesión práctica: Intelixencia emocional ante a soidade
Isabel Ferreiro González
Profesora do departamento de Análise e intervención psicosocioeducativa.
Responsable de gabinete Psicopedagóxico da Universidade de Vigo.
Seminario II: “Saúde e benestar”
- 5 de xuño, de 16.30 a 18.30 h. º
Sesión divulgativa: Importancia da alimentación para a saúde. Beneficios do consumo de alimentos locais sostibles saudables e de tempada.
- 6 de xuño, de 16.30 a 19.30 h.
Sesión práctica: Gastronomía, aptitude culinaria e propiedades nutricionais dos produtos agroalimentarios da capital do Deza.
Demostración e cata de produtos autóctonos.
Marisol López Reyes
Profesora do Programa Universitario de Maiores da Universidade de Vigo
Seminario III: “Tecnoloxía uso de ferramentas no telefono móbil”
- 14 de xuño, de 16.30 a 19.00 h.
Sesión teórico-práctica 1: «O teléfono móbil. Configuración básica. WhatsApp e Videochamadas. Lecturas código QR. Aplicacións de banca electrónica e pago»
- 15 de xuño, de 16.30 a 19.00 h.
Sesión teórico-práctica 2: «Outras aplicacións. Calendarios de vacinación e medicacións. Petición de citas médicas. Localización de persoas, etc.»
Adrián Seara Vieira
Profesor da Escola Superior de Enxeñería Informática da Universidade de Vigo.
Seminario IV: Como entender os impostos
- 21 de xuño, de 16.30 a 19.00 h.
Sesión teórico-práctica 1: Importancia de coñecer cuestións básicas que rodean a fiscalidade, entre outras, tratamento das herdanzas, plans e fondos de pensións, imposto de bens inmobles, plusvalía municipal, etc.
- 22 de xuño, de 16.30 a 19.00 h.
Sesión teórico-práctica 2: Exemplos prácticos de todas estas cuestións, con casos de aplicación directa aos elementos sinalados para conseguir unha correcta planificación fiscal.
Alberto Vaquero García
Profesor Titular de Economía Aplicada da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo da Universidade de Vigo.
Seminario V: “Arte e historia”
- 27 de xuño, de 16.30 a 18.30 h.
Sesión divulgativa: “Un percorrido patrimonial pola historia do Concello de Lalín”
- 29 de xuño, de 16.30 a 19.30 h.
Sesión práctica: “Visita ao Pazo de Liñares”
Ana Cebreiros Iglesias
Profesor da Facultade de Historia da Universidade de Santiago