Terá lugar o martes, 9 de maio, ás 13 h, no salón de plenos e é un acto aberto á participación veciñal
Tras o acto de recoñecemento celebrarase unha comida organizada por amigos do homenaxeado na explanada do Lalín Arena para a que se poden adquirir entradas a 30 € ata o 6 de maio
O Concello de Lalín organiza unha homenaxe a Pachi o próximo martes, 9 de maio, ás 13 horas, na Casa do Concello (salón de plenos) polos 58 anos actuando sobre os escenarios. Foi elixida esa data por ser a da propia onomástica de Juan Carlos Fernández Lamas, que cumpre ese día 72 anos.
Así dando cumprimento ao acordo da xunta de voceiros, a proposta do alcalde, ese día renderáselle unha recepción no salón de Plenos do Concello, na que se lle fará entrega dun pergamiño acreditativo. A homenaxe é aberta á participación e nela poderá tomar parte a veciñanza que o desexe.
Ao remate do acto de homenaxe, celebrarase unha comida organizada por amigos do homenaxeado, que terá lugar na explanada do Lalín Arena, é a que pode asistir calquera persoa, previo pago de 30 €. As entradas que dan dereito a participar no xantar (polbo, carne ao caldeiro, café e chupitos) pódense mercar no Bar Pepe, en O Fogar de Asorey, na Casa Currás e en Maxideza. O último día para adquirilas será o sábado, 6 de maio. O xantar está amenizado por unha agrupación musical.
Pachi é un persoa moi querida en Lalín, como se puxo de manifesto na Gala do Cocido, na que emocionou ao público que ata corearon o seu nome. Leva amenizando festas e eventos por toda a zona durante case seis décadas.