Lalín acollerá o 27 Rali do Cocido o venres 21 e o sábado 22, un evento do motor no que competirán 74 pilotos inscritos nos 106 km de tramos cronometrados en diversos puntos do Deza, comezando polo tramo espectáculo urbano de Lalín o venres, que nesta edición volve a ser gratuíto para os espectadores.
Un Rally que vén de ser presentado en presenza de autoridades de Lalín, Silleda, Vila de Cruces, Xunta de Galicia, federacións automobilísticas e escuderías e que atraerá milleiros de afeccionados ata Lalín esta fin de semana.
Será unha edición transcendente posto que o Ralli do Cocido volve a ser proba puntuable para a Copa de España de Rallys de Asfalto e porque ademais, e como novidade, esta proba contará tamén para a primeira edición do Trofeo Galicia Historic, unha competición organizada polas Escuderías Lalín Deza, Ourense, Rías Baixas e Siroco Narón e dirixida a vehículos históricos que puntuará nos rallys de carácter nacional que se disputarán en Galicia na tempada 2023.