NOVA ESCULTURA DO MATEMÁTICO RODRÍGUEZ EN BERMÉS
Vén de descubrirse en Bermés un busto actualizado e real de Xosé Rodríguez González (1770-1824), o "Matemático de Bermés", un acto necesario para a posta en valor e mellor coñecemento do ilustre científico galego.
O acto, presentado polo cronista Daniel González Alén, contou coa presenza do alcalde José Crespo, do conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, a familia descendente do personaxe homenaxeado, membros da Corporación Municipal, o escultor, académicos e veciños de Bermés.
Crespo, na súa alocución, lembrou que no 2024 cumpriranse os 200 anos do pasamento do matemático, cuxos traballos foron de importancia mundial, sendo convinte planear actos de homenaxe en Lalín e Galicia.
Galería imaxes