- Acometéronse xa as cimentacións da “pel de aceiro corten” da capela que cambiarán totalmente o aspecto exterior deste edificio relixioso que será un dos elementos centrais da zona vella
- Tamén se están a executar as cimentacións dos cerramentos perimetrais na zona ampliada
O alcalde de Lalín, José Crespo, vén de anunciar o “remate das cimentacións” das principais estruturas que conformarán a “Fraga do Alén”, a ampliación do novo cemiterio lalinense e, neste intre, estanse a cometer as bases dos pechamentos perimetrais. Uns traballos que dan unha idea xa aproximada de como “será o resultado final deste proxecto singular”.
O rexedor indicou que agora mesmo “está executado o 100% das cimentacións nas que apoiaran os elementos prefabricados que forman os distintos viarios de servicios” e tamén se executaron tamén “as estruturas correspondentes á lámina de auga e as cimentacións do módulo de aseos”.
Tamén se acometeron xa as cimentacións da “pel de aceiro corten” da capela que cambiarán totalmente o aspecto exterior deste edificio relixioso que será un dos elementos centrais da zona vella do cemiterio unha vez estea rematada a obra e que lle dará unha beleza singular polo acabado artístico.
En referencia ás obras que están tendo lugar neste momento, “estanse a executar as cimentacións dos cerramentos perimetrais na zona ampliada e estase a comezar a preinstalación das correspondentes instalacións de saneamento, abastecemento, electricidade, smartcity, videovixilancia, e iluminación. Un servizos que permitirán o funcionamento do cemiterio dende todos os puntos de vista.