O sábado 18 de febreiro celebrarase a XI edición de EmporcARTE dedicada a Paco Pestana na que tomarán parte 47 artistas e a continuación terá lugar a “Ofrenda ao Porco”
O luns 20 de febreiro terá lugar o concurso de disfraces que reparte preto de 1.000 € en premios en forma de vales de compra no comercio lalinense
As inscricións para poder participar no certame poderán realizarse o propio día, luns 20 de febreiro, a partir das 16.30 horas na Carpa do Cocido. O desfile terá lugar ese mesmo día a partir das 17.30 h
A programación de Entroido do Concello de Lalín desenvolveranse desde o sábado 18 ata o martes 21 de febreiro e abranguerá concurso de disfraces, un espectáculo de circo, actuacións musicais, pasarrúas, inchables, obradoiros e un fotocol en familia. Así o sinala a concelleira de Cultura, Begoña Blanco, que explica que se trata dunha programación variada a fin de poder chegar a todo o público e que terá como eixo central o luns coa celebración do concurso de disfraces e o posterior desfile. Un concurso que repartirá case 1.000 € en 9 premios en forma de vales para o comercio lalinense.
Blanco explica que no concurso poderán tomar parte todas as persoas interesadas, ben a título individual, ben en grupos (considerarase grupo a partir de 2 persoas). Os menores de idade deberán contar con autorización do pai, nai ou titor/a legal. A temática dos disfraces será libre e valorarase principalmente a orixinalidade e elaboración dos disfraces.
A responsable municipal explica que as inscricións ao concurso realizaranse o propio día do concurso, luns 20 de febreiro, a partir das 16.30 horas na Carpa do Cocido situada no Campo da Feira do Concello de Lalín. O desfile terá lugar o luns 20 de febreiro a partir das 17.30 horas. Cada participante só poderá participar nunha única categoría.
O xurado outorgará os seguintes premios:
-
Categoría individual de adultos (a partir dos 16 anos): vale de compra no comercio local de 150 €, 100 € e 50 €.
-
Categoría individual infantil (ata os 16 anos): premios de 100 €, 75 € e 50 € en vales de compra para o comercio local.
-
Categoría grupo: premios de 200 €, 150 € e 100 € en vales de compras no comercio local.
Ademais, o sábado de Entroido terá lugar a XI edición de EmporcARTE dedicada a Paco Pestana. Inaugurarase ás 13.30 horas no Museo Municipal. Está prevista a participación de 47 artistas entre pintura, escultura e fotografía. Está aberto xa o proceso de recepción da obra. A mostra poderase ver ata o 16 de marzo.
A continuación terá lugar a tradicional “Ofrenda ao porco” e posteriormente os artistas compartirán o XXIII Cocido das Artes no restaurante Pontiñas.
Ademais durante a fin de semana de Entroido terá lugar no marco de Lalín con Razón o Lalín Clarinet Days con concertos ás 20.30 h no Auditorio o sábado 18, o domingo 19 e o luns 20 de febreiro.
Programa detallado Entroido Lalín 2023
Sábado 18:
11:30 Pasarrúas Charanga Os Verbeneros
12:30 Vermú das Señoritas diante do Camilo coa Bendición do Santo Torrisco. Organiza Asociación O Naranxo.
13.30 h. Inauguración Emporcarte no Museo Municipal e posteriormente “Ofrenda ao Porco na rúa Colón”.
17:00 Pasarrúas Charanga Leña Verde
18:00 Dúo Habana Feeling na Praza da Igrexa
20.30 h Lalín con Razón. Concerto Lalín Clarinet Days, no Auditorio.
Domingo 19:
12:00 Pasarrúas Cabezudos
16:00 Entroido da Cacharela. Organiza Asociación de Veciños da Cacharela.
20.30 h Lalín con Razón. Concerto Lalín Clarinet Days, no Auditorio.
Luns 20:
Todas as actividades terán lugar na Carpa do Campo da Feira
16:30 Apertura inscricións Concurso de Disfraces
17:00 a 20:00 Inchables, Fotocol en familia, Obradoiros
17:30 Concurso de Disfraces
18:30 Dúo Imagine
19:00.- Entrega dos Premios do Concurso de Disfraces.
20:00.- Entrega de paquetes de lambetadas aos nenos e nenas participantes
20.30 h Lalín con Razón. Concerto Lalín Clarinet Days, no Auditorio.
Martes 21:
12:00 Pasarrúas Zancudos
17:00 Espectáculo Asaco Circo na Carpa do Campo da Feira
-
En caso de choiva tódalas actividades se trasladarán á Carpa do Campo da Feira