- Unha programación que é resultado do traballo veciñal e de asociacións culturais lalinenses como a Asociación Cultural O Naranxo e a Asociación de Veciños da Cacharela, de establecementos hostaleiros como Currás ou O Asubío, do Pontiñas Centro Comercial, así como da colaboración do Concello
Lalín celebrará, tras a súa Festa de Interese Turístico Internacional por antonomasia como é a 57ª Feira do Cocido (23 de febreiro), o Entroido o venres 28 de febreiro, sábado 1 de marzo, domingo 2, luns 3 e martes 4 de marzo con Festa de Entroido para a cativada na carpa do Cocido, actuacións musicais, obradoiros, pasarrúas e as tradicionais celebracións organizadas por asociacións veciñais e culturais ás que se suman concurso de disfraces e outras actividades promovidas polo Pontiñas Centro Comercial.
Unha programación de Entroido que é resultado do traballo veciñal e cultural de asociacións como O Naranxo e a Asociación de Veciños da Cacharela, de establecementos hostaleiros como O Currás ou o Asubío, do Pontiñas Centro Comercial, así como da colaboración por parte do Concello a través da Concellería de Cultura.
O venres 28 de febreiro terá lugar unha chocolatada das Señoritas, organizada polo Pontiñas Centro Comercial, en colaboración con Aspadeza.
O sábado de Entroido (1 de marzo) a programación abrirase ás 12 horas co Vermú das Señoritas diante do café Camilo coa Bendición do Santo Torrisco, organizada pola Asociación O Naranxo. Ás 12.30 horas actuará Pachi Show, actuación organizada por O Asubío e Currás.
Xa pola tarde, a partir das 17.30 horas actuará a Charanga Mekanika na Praza da Igrexa
e as 20 h Djs para rematar a festa.
Tamén o sábado 1 de marzo ás 13 horas terá lugar no Museo Municipal “Ramón Mª Aller” a exposición colectiva da XIII EmporcARTE e o Cocido das Artes. As persoas interesadas en asistir ao cocido deben confirmar asistencia antes do 25 de febreiro no 986784004. O prezo do cocido é de 30 euros e é no restaurante de Modesto.
Máis de 50 artistas participarán nesta XIII EmporcARTE, procedentes de toda Galicia, entre os que se atopa unha chinesa: Soledad Penalta, Quintana Martelo, Diego de Giráldez, Lomarti, Alexandro, Paco Pestana, Abel Barandela, Ruth Lodeiro, Tereixa, Ehlaba, Nicolás González Aller, Javier Hita, Ricardo Ferreiro, Xan Paz, Mitra, Mariña Paz, Paio, Carmen Payo, Marisa Miguélez, Iria Eijo Martínez, Luis Ferreiro “O Vila”, J. Luis Abeledo “Bibí”, Carlos Santos, Olalla Garra, Adrián Penido, Eduardo Valladares, Ángel Utrera, Ana Dobarro, Aitana Iglesias, Noa Blanco, José Antonio Fondevila, Acisclo Manzano, Carmen Senande Pazos, Chelo Rodríguez, Alfonso Santomé, Jesús Otero, Shu? Lóng Xu? Bào, José Antonio Santomé, Xulia e María Ferradás, Sé Senande, Isabel Alonso, Marisa Miguélez, Mercedes Paz, Tito Rodríguez, Gloria Alonso, María Andrajegui, Xosé Poldras, Tono Lorenzo Guisado, Juan Liñares, Patricia Fernández e Eduardo Meijomence.
O domingo 2 de marzo a partir das 17 horas terá lugar o Entroido da Cacharela organizado pola Asociación de Veciños da Cacharela.
O luns 3 de marzo terá lugar a Festa do Entroido para a cativada na carpa do cocido, que abrirá ás 16.30 horas. Haberá inchables, música, obradoiros de máscaras e maquillaxe e ás 17.30 h o espectáculo de circo con Asacocirco Show.
O martes de Entroido, 4 de marzo, ás 12 h terá lugar un pasarrúas de Cabezudos acompañados do grupo de Música Tradicional Repenicando e pola tarde desenvolverase o Concurso de disfraces no Pontiñas Centro Comercial Pontiñas.