O prazo de inscrición para participar no congreso está xa aberto e as persoas interesadas poden apuntarse a través do correo cadlalin2025@gmail.com ou chamando aos teléfonos 986 782 236 ou 661 117 767
O Concello de Lalín aposta pola arqueoloxía como motor turístico e de posta en valor do patrimonio coa celebración do primeiro congreso de Arqueoloxía os días 21, 22 e 23 de marzo. Contará coa participación de numerosos expertos e nace cunha vocación de continuidade.
O Congreso foi presentado onte pola tenente alcalde, Paz Pérez, e polos arqueólogos Vanesa Trevín e Víctor García, da empresa CaDo Arqueoloxía.
O prazo de inscrición para participar no congreso está xa aberto e as persoas interesadas poden apuntarse a través do correo cadlalin2025@gmail.com ou chamando aos teléfonos 986 782 236 ou 661 117 767.
Con este congreso tamén se pretende a sensibilización dos máis novos e para iso levarase a cabo unha Semana Arqueolóxica con obradoiros de arqueoloxía experimental nos colexios e instituto do municipio.