-
A presentación de solicitudes, que se poderá formalizar ata o 21 de febreiro, farase preferiblemente a través da sede electrónica do Concello ou no Rexistro Xeral do Concello
O Servizo Concilia Lalín, dirixido a menores de 3 a 12 anos, para facilitar a conciliación da vida familiar, persoal e laboral, desenvólvese baixo 2 modalidades. Durante o período lectivo, funciona ininterrompidamente ao longo do ano nos seguintes centros educativos: CEIP Manuel Rivero de Lalín, CEIP Xoaquín Loriga de Prado e CEIP Vicente Arias de la Maza de Vilatuxe, proporcionando actividades de acollida, atención e lecer, durante as horas previas e posteriores á xornada escolar, e durante o período vacacional (Entroido, Semana Santa, Verán e Nadal) desenvólvese de xeito centralizado no CEIP Manuel Rivero.
O prazo de presentacións de solicitudes está aberto ao longo de todo o ano. Pero para unha mellor organización do servizo, ábrese un prazo de presentación de solicitudes para o período vacacional de Entroido ata o día 21 de febreiro.
Durante o período vacacional de Entroido, os días 3, 4 e 5 de marzo, o servizo desenvolverase de xeito centralizado no CEIP Manuel Rivero de Lalín en horario de 7:30 a 14:30 h. (40 prazas) e 16:00 a 20:00 h. (30 prazas).
A presentación de solicitudes farase preferiblemente a través da sede electrónica do Concello de Lalín ou no Rexistro Xeral do Concello.
Para mais información contactar coa Oficina de Igualdade, no 986 78 70 60 / 986 18 10 45 ou en igualdade@lalin.gal.