EXPOSICIÓN DEDICADA Á FEIRA DO COCIDO E AO ENTROIDO, NA BIBLIOTECA
-
Abrangue decoración típica destas datas, libros sobre a Feira e sobre o Carnaval ademais doutras publicacións sobre esta temática orientada á xente máis nova
Estes días a Biblioteca Municipal Varela Jácome promove unha exposición dedicada á 57ª edición da Feira do Cocido e ao Entroido, con decoración típica destas datas (debuxos de porquiños, caretas, refráns e receitas típicas destas festas) e con libros sobre a Feira do Cocido e sobre o Carnaval en Galicia, ademais de incluír cómics e outras publicacións para a cativada que teñen como temática as celebracións deste mes.
Galería imaxes