Os lotes de árbores desta iniciativa promovida pola Concellería de Medio Ambiente pódense adquirir ata o vindeiro mércores 12 de febreiro
A entrega terá lugar o sábado 15 de febreiro, ás 11.30 h, na Praza do Concello
Con cada lote de compra seralle entregado a cada persoa outro lote composto por 2 castiñeiros híbridos resistentes á tinta
O Concello de Lalín, a través da Concellería de Medio Ambiente, pon en marcha desde a Oficina Agraria, unha nova campaña de repoboación forestal 2025 “50.000 árbores +” para continuar promovendo o coidado dos nosos bosques e do medio ambiente”.
A concelleira delegada, Raquel Lorenzo, informa que “as persoas interesadas en participar nesta vixésimo oitava edición da campaña poderán conseguir os lotes de árbores aboando o seu importe na entidade ABANCA ata o mércores, 12 de febreiro, e deberán presentar o correspondente xustificante de pago para recoller as árbores adquiridas que se repartirán o sábado 15 de febreiro ás 11.30 h na Praza do Concello”.
O lotes que se poderán adquirir son:
-
Lote nº 1: 2 castiñeiros enxertados: 25€
-
Lote nº 2: 8 nogueiras: 20€
-
Lote nº 3: 2 maceiras enxertadas, 1 pereira enxertada, 1 ameixeira enxertada e 1 cerdeira enxertada: 25€
-
Lote nº 4: plantas ornamentais: 1 acivro, 1 rosal, 1 camelia xapónica e 1 azalea xapónica: 25€
-
Lote agasallo: en cada lote de compra que se adquira dos anteriores, incluiranse 2 castiñeiros híbridos resistentes á tinta.
A plantación destas árbores debe facerse no municipio de Lalín, sendo esta responsabilidade do comprador do lote.
Raquel Lorenzo sinala a “boa acollida que esta campaña ten sempre entre a veciñanza” e lembra “a influencia positiva que ten a plantación de árbores na loita contra o cambio climático e no coidado do noso medio polo que anima a todos/as os/as lalinenses á participación nesta iniciativa municipal”.