O concelleiro de Turismo, Avelino Souto, e máis a tenente de alcalde, Paz Pérez, presentaron o Divercocido 2025 para o vindeiro sábado 8 de febreiro, na Carpa do Cocido.
O concelleiro de Turismo, Avelino Souto, e máis a tenente de alcalde, Paz Pérez, presentaron o 25º Divercocido para o vindeiro sábado 8 de febreiro, na Carpa do Cocido. Desde as 16:30 h haberá para toda a cativada xogos populares, inchables, pintacaras, a actuación do mago David Maestro, un photocall interactivo e ata un porco mecánico, finalizando cun fin de festa ás 19:30 h.
Coa colaboración da Deputación Pontevedra.
Ademáis presentaron o programa completo da LVII Feira do Cocido de Lalín, un variado e completo conxunto de eventos que van desde a programación do Día Grande do Cocido ata eventos deportivos, concertos musicais e outras actividades que daremos en detalle en breve.