O xurado, presidido pola concelleira de Cultura e conformado tamén polo edil de Xuventude, avaliou os corenta traballos presentados, para elixir os gañadores
A tenente alcalde e concelleira de Cultura, Paz Pérez Asorey, e o edil de Xuventude, Avelino Souto, fixeron entrega esta tarde dos premios do I Concurso de Postais “Aldeas de Nadal” aos gañadores deste certame co que se fomentou a expresión artística e a creatividade dos/as nenos/as lalinenses:
-
Antón Diéguez López, de 5 anos, de Lalín, gañador na categoría A (de 3 a 6 anos), que recibiu un diploma e un lote de libros de prelectores e
-
Sheila López Vázquez, de 10 anos, de Lalín, gañadora na categoría B (de 7 a 12 anos), que recibiu un diploma e un lote de libros de infantil-xuvenil
Os gañadores foron elixidos por un xurado constituído ao efecto e que se reuniu na tarde do 30 de decembro para avaliar e seleccionar as postais gañadoras do citado concurso. O xurado, presidido pola concelleira de Cultura, estivo conformado polo concelleiro delegado de Xuventude, Avelino Souto; pola traballadora da Biblioteca Municipal, Elena Abollo, e actuou como secretaria Belén Vilariño.
Tras a a apertura dos 40 sobres presentados (21 na categoría A, de 3 a 6 anos e 19 na B de 7 a 12 anos) o xurado decidiu outorgar por unanimidade os premios a Antón Diéguez e a Sheila López valorando a capacidade creativa e a temática.
Estes dous traballos gañadores reproducen debuxos sobre as Aldeas de Nadal que forman parte dunha exposición que se pode ver na Biblioteca Municipal xunto aos restantes traballos que se presentaron ao certame.