A EXPOSICIÓN ITINERANTE “RACHA COS TABÚS” PÓDESE VISITAR NO SALÓN TEATRO DO AUDITORIO ATA FINAIS DE MES
-
O Concello de Lalín continúa desenvolvendo o seu programa de actividades do 25N
Ata o 30 de novembro se pode visitar no Salón Teatro do Auditorio de Lalín a exposición “Racha cos tabús”, promovida polo Concello de Lalín a través da Oficina de Igualdade. Enmarcada na programación de actividades do 25N é unha mostra itinerante, dirixida a todos os públicos, coa que se pretende sensibilizar e servir como reflexión ao redor de tabús, que están en estreita relación cos roles e estereotipos de xénero.
A campaña itinerante estará composta por catro estruturas ríxidas de tres caras cada unha, cun total de 12 textos en vinilo e cunha cara especial que contén un buzón de consultas e de reflexións.
Galería imaxes