Presentouse o cartel da 57ª Feira do Cocido de Lalín, obra do recoñecido escultor Acisclo Manzano, no transcurso dunha rolda de prensa na casa consistorial ofrecida polo alcalde José Crespo, a tenente alcalde Paz Pérez, e o propio artista, que recibiu o dobre agradecemento de Crespo pola creación do cartel e pola doazón ao Concello da súa escultura "Peregrina de Deza".
O cartel será o tema central identificativo de todo o que se realice arredor da vindeira edición do Cocido, cuxo día principal será o 23 de febreiro de 2025.
Deste xeito o nome de Acisclo vénse sumar ao elenco de cartelistas cos que conta a Feira do Cocido, que á Festa Internacional de España que conta coa colección de carteis máis ampla realizada por artistas de fama nacional e internacional.