Normas de matrícula
A inscrición no curso de verán implica a aceptación destas normas. Léanse detidamente para a súa correcta formalización.
Prazo de matrícula
Ábrese o prazo: tanto on-line coma presencial, o 15 de maio de 2024
Acaba o prazo: o 28 de xuño de 2024
Nota: Non será posible matricularse fóra destes prazos.
Importe da matrícula
Taxa xeral: 120 €
Taxa reducida, (70€) aplicable a estudantes universitarios, de bacharelato ou de formación profesional, pensionistas, desempregado/as, socios/as da Asociación de Antigos alumnos da USC e PDI e PAS da USC.
As persoas que se acollan á taxa reducida que non sexan estudantes, PDI ou PAS da comunidade universitaria da USC deben enviar a cursosdeveran@usc.gal unha copia dalgún documento xustificativo que acredite a súa condición para acollerse á redución.
Nota: Todas as persoas, nacionais ou estranxeiras, que non están cubertas polo seguro escolar obrigatorio do INSS, por non ter formalizada matrícula en estudos oficiais na USC no curso académico actual ou ben, sendo alumnado da USC neste curso son de nacionalidade estranxeira ou nacionais maiores de 28 anos e non teñan contratado este seguro nos estudos nos que formalizaron matrícula, deben subscribir, a parte do importe da matrícula do curso de verán, o seguro obrigatorio de accidentes e asistencia en viaxe que ten un custo de 17,50 €. A liquidación do importe do seguro farase no momento de realizar a matrícula, liquidándose xunto a esta e terá validez para todos os cursos de verán que se realicen no ano 2024.
UNHA VEZ REALIZADA A MATRÍCULA, NON SE EFECTUARÁN DEVOLUCIÓNS AGÁS NO CASO DE SUSPENSIÓN DO CURSO.
Formalización da matrícula
Pode formalizar a matrícula por tres vías:
1.- On-line
Directamente na web https://www.usc.gal/es/servicios/area/cultura/extension/universidad-verano/xix-fronteras-igualdad-oportunidades-20-violencias-inteligencia-artificial-ecofeminismo-coeducacion-13693, premendo sobre o botón MATRICÚLATE do curso de LALÍN. Sigan as instrucións en cada paso.
Se o curso ten límite de alumnado, a aplicación indicará se quedan prazas libres e, de non ser así, daralle a opción de entrar nunha lista de agarda. No caso de que se produza algunha baixa, recibirá unha notificación por se aínda desexa inscribirse.
O pagamento poderá realizarse directamente con tarxeta ou ben imprimindo a folla de pagamento e realizar o ingreso na entidade bancaria, tendo 5 días naturais para facer o pago; de non ser así, a inscrición quedará cancelada. En calquera dos casos, haberá que remitir á secretaría da Universidade de Verán (correo electrónico, correo ordinario ou en persoa) o xustificante de ter pagado para confirmar a súa inscrición. Así mesmo, as persoas desempregadas, pensionistas ou estudantes que non sexan da USC deberán acompañar copia do xustificante que acredite a súa condición para acollerse á taxa reducida.
2.- Presencial
Acudindo a algún dos centros de matriculación referidos máis abaixo.
As persoas desempregadas, pensionistas ou estudantes que non sexan da USC deberán acreditar a súa condición para acollerse á taxa reducida.
Na secretaría, unha vez cumprimentados os datos persoais, entregaráselle unha folla para realizar o pagamento na entidade bancaria da que deberán remitir á secretaría da Universidade de Verán (correo electrónico, correo ordinario ou en persoa) o xustificante de ter pagado para confirmar a súa inscrición.
3.- Por teléfono
No caso de imposibilidade de facer a inscrición por internet ou presencialmente, contacten por teléfono con unha das dúas secretarías da Universidade de Verán onde se lle dará instrucións para realizar a matrícula.
Centros de información e matriculación
Campus de Compostela
Área de Cultura - Colexio de San Xerome - Reitoría Praza do Obradoiro s/n
Teléfonos: 881 81 10 18 e 881 81 11 03
cursosdeveran@usc.gal
https://www.usc.gal/es/servicios/area/cultura/extension/universidad-verano/xix-fronteras-igualdad-oportunidades-20-violencias-inteligencia-artificial-ecofeminismo-coeducacion-13693
Campus de Lugo
Área de Cultura - Pazo de Montenegro
Praciña da Universidade
Teléfono: 982 82 15 13
cursosdeveran@usc.gal
https://www.usc.gal/es/servicios/area/cultura/extension/universidad-verano/xix-fronteras-igualdad-oportunidades-20-violencias-inteligencia-artificial-ecofeminismo-coeducacion-13693
Concello de Lalín
Oficina de Igualdade - Concellería de Igualdade
Praza de Galicia, 1
36500 Lalín (Pontevedra)
Teléfonos: 986 78 70 60 e 986 18 10 45
igualdade@lalin.gal
https://www.lalin.gal/igualdade
https://www.usc.gal/es/servicios/area/cultura/extension/universidad-verano/xix-fronteras-igualdad-oportunidades-20-violencias-inteligencia-artificial-ecofeminismo-coeducacion-13693
Aloxamentos e Restauración
Neste link atopará aloxamentos e restaurantes en Lalín
https://turismo.lalin.gal/onde-durmir
https://turismo.lalin.gal/onde-comer