O curso desenvolverase integramente entre os días 8 e 12 de xullo de 2019 no Salón Teatro do Auditorio Municipal de Lalín (Praza do Parque, s/n) en horario de mañá e tarde.
Trátase dun curso imprescindible no momento actual, e cunha programación ambiciosa, na que se abordarán aspectos, contidos e problemáticas de gran interese no momento actual, e no que intervirán profesionais e destacadas expertas e expertos que traballan cara a igualdade de oportunidades, cun enfoque multidisciplinar e dende diferentes ámbitos de actuación no territorio nacional e internacional, Universidades, Institutos, Administracións, Asociacións, Fundacións, Empresas...
Isto é posible grazas a colaboración institucional e privada, xa que o curso coorganizado pola Universidade de Santiago, a través do Instituto de Ciencias de Educación (ICE) e polo Concello de Lalín, a través da Oficina de Igualdade, está co-financiado pola USC, polo Concello de Lalín, e con fondos do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero (Ministerio de Presidencia, Relación coas Cortes e Igualdade).
Conta ademais co apoio de Xunta de Galicia; OIX (Oficina de Igualdade de Xénero)-USC; FEGAMP; Deputación de Pontevedra; AGASP; CSIF; EXDEHU; CIM e DIM.
Luns 8 de xullo
9:00 h. Entrega de materiais
9:30 h. Inauguración oficial do curso
10:00 h. Conferencia inaugural
A 4ª Ola Feminista e a globalización do feminismo
ROSA COBO BEDIA
Profesora Titular de Socioloxía do Xénero e Directora do Centro de Estudos de Xénero e Feministas na Universidade de A Coruña
11:30 h. Rolda de preguntas - Debate
12:00 h. Pausa
12:30 h. Conferencia
Feminismos sen vítimas
CARME ADÁN VILLAMARÍN Catedrática de Filosofía no IES Politécnico de Vigo
14:00 h. Rolda de preguntas - Debate
17:00 h. Conferencia
A prostitución: entre vellos privilexios masculinos e novos imaxinarios neoliberais
BEATRIZ RANEA TRIVIÑO
Socióloga e Experta en Prostitución
18:30 h. Rolda de preguntas - Debate
19:00 h. Fin xornada
Martes 9 de xullo
10:00 h. Conferencia
Sistema prostitucional: Mercantilización do corpo feminino e o movemento das supervivintes
AMELIA TIGANUS
Coordinadora da plataforma de formación de Feminicidio.net. Activista feminista. Formadora. Supervivente e combatente do Sistema Prostitucional
11:30 h. Rolda de preguntas - Debate
12:00 h. Pausa
12:30 h. Conferencia
O Sistema Prostitucional e A Trata
MABEL LOZANO
Actriz. Directora e Guionista. Documentalista comprometida cos dereitos humanos e a igualdade
14:00 h. Rolda de preguntas - Debate
17:00 h. Conferencia
A xestación subrogada: Patriarcado, Neoliberalismo e Autonomía das Mulleres
OCTAVIO SALAZAR BENÍTEZ
Catedrático de Dereito Constitucional na Universidad de Córdoba
18:30 h. Rolda de preguntas - Debate
19:00 h. Fin xornada
Mércores 10 de xullo
10:00 h. Conferencia
“Señoros Ilustrados”: A subxectividade masculina
IVÁN SAMBADE BAQUERÍN
Doutor en Filosofía Moral e membro da Cátedra de Estudios de Xénero da Universidad de Valladolid
11:30 h. Rolda de preguntas - Debate
12:00 h. Pausa
12:30 h. Conferencia
A violencia 2.0 a exame na poboación adolescente galega
MILENA VILLAR VARELA Mestra. Psicopedagoga e Máster en Procesos de Formación. Doutora en Educación pola Universidade de Santiago de Compostela
14:00 h. Rolda de preguntas - Debate
17:00 h. Conferencia
Feminismo e literatura infantil e xuvenil: cambiar o mundo a través dos libros
MONTSE PENA PRESAS Profesora de Didáctica da Lingua e a Literatura na Universidade de Santiago de Compostela
18:30 h. Rolda de preguntas - Debate
19:00 h. Fin xornada
Xoves 11 de xullo
10:00 h. Conferencia
Interseccionalidade: unha oportunidade para xerar alianzas
LUCAS PLATERO MÉNDEZ Docente en Intervención Socio-comunitaria. Investigador Postdoutoral Juan de la Cierva na Universidad Autónoma de Barcelona. Director de Estudios Trans* na Editorial Bellaterra
11:30 h. Rolda de preguntas - Debate
12:00 h. Pausa
12:30 h. Conferencia
A diversidade sexo-xenérica desde a perspectiva coeducativa: friccións, innovaccións e oportunidades
LUIS PUCHE CABEZAS Investigador e Docente no Departamento de Antropoloxía Social da Universidad Complutense de Madrid
14:00 h. Rolda de preguntas - Debate
17:00 h. Conferencia
Laboramorio e outros recursos coeducativos
JUAN LILLO SIMÓN
Sociólogo. Experto en Coeducación e prevención de violencia de xénero
18:30 h. Rolda de preguntas - Debate
19:00 h. Fin xornada
Venres 12 de xullo
10:00 h. Conferencia
Ferramentas para aulas libres de violencias
CARMEN RUIZ REPULLO
Profesora de Socioloxía na Universidad Pablo Olavide de Sevilla. Experta en Coeducación e prevención da violencia de xénero
11:30 h. Rolda de preguntas - Debate
12:00 h. Pausa
12:30 h. Conferencia
Pedagoxía coeducadora cara á era da igualdade
Mª ELENA SIMÓN RODRÍGUEZ
Analista de Xénero. Experta en Coeducación e Linguaxes para a Igualdade. Conferenciante e Escritora feminista
14:00 h. Rolda de preguntas - Debate
14:15 h. Acto de clausura e entrega de diplomas.