Información e matrícula
Normas de matrícula
A inscrición no curso de verán implica a aceptación destas normas. Léanse detidamente para a súa correcta formalización.
Prazo de matrícula
Ábrese o prazo: tanto on-line coma presencial, o 15 de maio.
Acaba o prazo: o 28 de xuño.
O pagamento da matrícula debe realizarse dentro dos CINCO DÍAS NATURAIS, contados a partir do momento de facer a inscrición. En caso contrario, a inscrición quedará anulada.
Deberase remitir copia do resgardo do pagamento selado pola entidade bancaria ao fax nº 881 81 12 08, escaneado ao enderezo electrónico cursosdeveran@usc.es ou presentalo persoalmente en calquera dos dous centros de matriculación da Universidade de Verán (Santiago ou Lugo).
Nota: Non será posible matricularse fóra destes prazos.
Importe da matrícula
Taxa xeral: 120 €
Taxa reducida: 70 €*
*Aplicable a: estudantes de calquera universidade, estudantes de bacharelato ou de formación profesional, pensionistas, persoas desempregadas, persoas asociadas á Asociación de Antigos Alumnos da USC, PDI e PAS da USC.
Nota: Todas as persoas, nacionais ou estranxeiras, que non están cubertas polo seguro escolar obrigatorio do INSS, por non ter formalizada matrícula en estudos oficiais na USC no curso académico 2018-19 ou ben, sendo alumnado da USC neste curso 2018/19 son de nacionalidade estranxeira ou nacionais maiores de 28 anos e non teñan contratado este seguro nos estudos nos que formalizaron matrícula, deben subscribir, a parte do importe da matrícula do curso de verán, o seguro obrigatorio de accidentes e asistencia en viaxe que ten un custo de 16 €. A liquidación do importe do seguro farase no momento de realizar a matrícula, liquidándose xunto a esta e terá validez para todos os cursos de verán que se realicen no ano 2019.
En ningún caso será posible a devolución de taxas unha vez realizada a matrícula, agás pola suspensión do curso.
Centros de información e matriculación
Campus de Compostela
Área de Cultura - Casa da Balconada Rúa Nova, 6
15782 Santiago de Compostela
Teléfonos: 881 81 10 18 e 881 81 11 03
Fax: 881 81 12 08
Campus de Lugo
Área de Cultura - Pazo de Montenegro
Praciña da Universidade
27002 Lugo
Teléfono: 982 82 15 13
cursosdeveran@usc.es
www.usc.es/cultura/veran
Concello de Lalín
Oficina de Igualdade - Concellería de Igualdade
Praza de Galicia, 1
36500 Lalín (Pontevedra)
Teléfonos: 986 78 70 60 e 986 18 10 45
igualdade@lalin.gal axentedeigualdade@lalin.gal
www.lalin.gal/igualdade
Aloxamentos
Neste link atopará aloxamentos en Lalín
Aloxamentos
Neste link atopará aloxamentos en Lalín