Diploma de asistencia e créditos

O alumnado terá dereito a un diploma no que constará o título do curso, o número de horas e a asistencia.

O alumnado da USC recibirá, se marca a casiña correspondente ao formalizar a matrícula, créditos ECTS.

A USC recoñece este curso de verán con 2 créditos ECTS para o seu estudantado, e recibirán a tal efecto un certificado de crédito.

É requisito tanto para a obtención do diploma como dos certificados dos créditos, a asistencia regular, cando menos, ao 80% das horas lectivas e é responsabilidade da dirección do curso o control de dita asistencia que quedará reflectida nunha acta. Tanto os diplomas, coma os certificados dos créditos, serán entregados o último día de celebración do curso.

Está solicitado o recoñecemento deste curso, como actividade homologada de formación permanente do profesorado non universitario por parte da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Está CONCEDIDA a homologación provisional do curso pola Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) de acordo co establecido no Decreto 59/2012, do 19 de xaneiro, polo que se establecen as condicións e o procedemento para a homologación pola AGASP de cursos impartidos por outras entidades (DOG núm. 26, do 07/02/2012)




Portal Transparencia

Roteiros de Lalín

LALIN AXENDA

DESPLIEGUE 4G EN LA BANDA DE 800 MHZ
http://directorio.lalin.gal
Canal Cultura Telegram, para ver a programación cultural de Lalín