Curriculums Poñentes

ANA DE MIGUEL

Profesora Titular de Filosofía Moral e Política da Universidade Rey Juan Carlos de Madrid (URJC).

Dirixiu o Máster de Estudios Interdisciplinares de Género da URJC e na actualidade coordina o Programa de Doctorado de Género.

Directora do clásico curso Historia de la Teoría Feminista que se imparte, desde 1991, no Instituto de Investigaciones Feministas de la Universidad Complutense de Madrid.

OCTAVIO SALAZAR

Profesor titular, acreditado como catedrático, de Dereito Constitucional na Universidad de Córdoba.

Leva anos dedicado a investigar as cuestións xurídico-constitucionais vinculadas á igualdade de xénero. Esta liña de traballo fíxolle desembocar no estudo das masculinidades “disidentes” e das múltiples identidades de xénero. Sobre estes temas ten publicado numerosas monografías.

Pertence á Red Feminista de Derecho Constitucional e á Red de Hombres por la Igualdad. É membro da Asociación Personas por la diversidad afectivo-sexual e da Asociación Clásicas y Modernas.

JOSÉ IGNACIO PICHARDO

Vicedecano de Estudantes e Extensión Universitaria da Facultade de Traballo Social e Coordinador da Oficina de Diversidade Sexual e Identidade de Xénero da Universidad Complutense de Madrid.

Profesor Contratado Doutor no Departamento de Antropoloxía Social da Universidad Complutense de Madrid. Licenciado e Doutor nesta disciplina pola Universidad Autónoma de Madrid.

Imparte clase de Antropoloxía do Xénero, Técnicas de Investigación con Medios Audiovisuais e Antropoloxía do Desenvolvemento e a Cooperación.

ANA IGLESIAS GALDO

Inicia a súa experiencia profesional como educadora, traballando en dous centros destinados a menores en conflicto social e dependentes da Comunidade Autónoma Galega (1985-2001).

Doutora en Psicopedagoxía, desde hai 20 anos exerce como profesora na Facultade de Ciencias da Educación (UDC), impartindo, entre outras, a materia “Xénero, Igualdade e Educación”, de carácter obrigatorio na titulación do Grao en Educación social.

MABEL LOZANO

Actriz, directora e guionista. Documentalista comprometida cos dereitos humanos e a igualdade.

En 2007, Mabel Lozano escribía e dirixía a súa primeira longametraxe documental: “Voces contra la trata de mujeres”. Un traballo no que denuncia a compra-venta de mulleres e nenas con fins de explotación sexual.

Obtivo numerosos galardóns e un gran recorrido internacional da man de Amnistía Internacional e Médicos del Mundo, co obxectivo de sensibilizar e concienciar contra esta lacra, ao mesmo tempo, converteuse nunha importante ferramenta para formar a corpos de seguridade, xuíces, xuízas e fiscais.

CARMEN RUÍZ REPULLO

Profesora de Socioloxía da Universidad Pablo de Olavide de Sevilla.

Consultora, asesora, formadora e investigadora en coeducación e prevención da violencia de xénero e sexual en adolescentes.

Doutora en Socioloxía pola Universidad Pablo de Olavide. Título da tese: “Los peldaños perversos del amor. El proceso de la violencia de género en la adolescencia”.

Master ERASMUS MUNDUS en Estudios de las Mujeres y Género por la Universidad de Granada y la Universidad de Utrecht (Holanda).

Experta en Xénero e Igualdade de Oportunidades pola Universidad de Granada.

Licenciada en Ciencias Políticas e Socioloxía pola Universidad de Granada.

NURIA VARELA

Periodista, escritora e experta en violencia de xénero e políticas de igualdade.

Licenciada en Ciencias da Información pola Universidad Complutense de Madrid.

Máster universitario en Estudios Interdisciplinares de Xénero e en Xénero y Políticas de Igualdade entre Mulleres e Homes, ambos pola Universidad Rey Juan Carlos.

Actualmente é directora da editorial Hotel Papel, integrante do Observatorio de Igualdad de Género de la Universidad Rey Juan Carlos, docente en programas universitarios de posgrao en Políticas de Igualdade e Violencia de Xénero e tertuliana política na Cadena Ser.

LUCAS PLATERO

Doutor en Socioloxía pola UNED, docente universitario e en Intervención Sociocomunitaria, é membro da Cátedra de Xénero da Universidad Rey Juan Carlos.

Formou parte do I+D “Colectivos en los márgenes: su exclusión por el derecho en tiempos de crisis” (2013-2015), dirixido por Patricia Laurenzo Copello, Universidad de Málaga.

Investigador do proxecto VOSATEC (2016-2018). Dpto. de Ciencia, Tecnología y Sociedad. Instituto de Filosofía del CSIC.

Mª ELENA SIMÓN RODRÍGUEZ

Licenciada en Filoloxía Moderna, de profesión docente, e criou e educou a unha filla e a un fillo. Actualmente é Formadora feminista, analista de xénero e escritora. Pertence á Aula de Debate e Formación Feminista na Sede da Universidade de Alicante e é Presidenta da Asociación “Museo de Hechos y Derechos de las Mujeres”.

Durante máis de trinta anos da súa vida foi profesora de Secundaria e Bacharelato, labor que compaxinou durante anos coa autoformación e a participación en grupos de traballo

FERNANDO BARRAGÁN

Profesor Titular de Didáctica e Organización Escolar da Facultade de Educación da Universidad de La Laguna

Investigación:

Director Europeo. Educación para o Presente sen Violencia: Construir unha Cultura de Paz. Desde decembro de 2002 ata decembro de 2005. Comisión Europea. Dirección General de Justicia y Asuntos Interiores. Instituto Canario de la Mujer, Dirección General de Juventud Consejería de Empleo y Asuntos Sociales. Gobierno de Canarias. Participan: España, Alemania, Dinamarca, Italia y México.

Director Nacional. Proxecto de Formación para a Prevención da Violencia de Xénero.

Director. Desde decembro de 2006 ata decembro de 2007. Gobierno de Canarias. Consejería de Empleo y Asuntos Sociales. Dirección General de Juventud.

Director Nacional. Coordinación, Avaliación e Seguimento das Bolsas de Mediadores e Mediadoras en Educación Sexual e Xénero.

Director. Desde decembro de 2008 ata agosto de 2009. Primer Plan Insular de Atención a la Sexualidad Juvenil. Consejería de Juventud, Educación e Igualdad.

Portal Transparencia

Roteiros de Lalín

LALIN AXENDA

DESPLIEGUE 4G EN LA BANDA DE 800 MHZ
http://directorio.lalin.gal
Canal Cultura Telegram, para ver a programación cultural de Lalín