Situada na parroquia de Vilatuxe, a 12 quilómetros do casco urbano de Lalín. Chégase a ela pola estrada PO-534.
É o lugar idóneo ao que se achegar nos días de verán e refrescarse dandose un baño nas cristalinas augas do río Deza, un dos mais importantes da comarca e cunha calidade da auga calificada ano tras ano coma "excelente para o baño". Pódese desfrutar da agradable sombra da carballeira, equipada con mesas e bancos onde poder merendar, ou tomar o sol na marxe oposta do río.
O resto do ano a paz e a tranquilidade apodéranse da zona e convértena en lugar a visitar por aqueles amantes da natureza sinxela, que desfrutan co piar dos paxaros, cos sons da auga, con sentarse debaixo dun carballo a ler un libro...
Nos meses de xullo e agosto dispón de servizos de bar e aseos.