A 7,5 km da vila de Lalín.
“Casa do Patrón” conta cun espazo natural á beira do río Asneiro, con área recreativa propia, onde podes pasar un anaco agradable á sombra da rica e variada flora, e ó mesmo tempo tomar o sol ou desfrutar dunha comida en familia ou con amigos nos seus bancos e mesas de madeira e pedra.
Un espacio bio-saudable con dous muíños de agua, “Muíño da Ponte” e “Muíño de Entre Ríos”, totalmente restaurados que fan as delicias dos visitantes ó podelos contemplar en funcionamento.
Dende esta área de lecer pódense iniciar varias rutas de sendeirismo circulares nas que se destacan tódolos aspectos naturais, culturais e patrimoniais da mesma. A lonxitude do percorrido pode variar en función da idade ou destreza dos camiñantes, sendo todas de dificultade baixa. Dada a finalidade educativa, o tempo en realizalas prolongase na medida en que nos deteñamos nos puntos máis destacados.
Entre os elementos naturais cabe destacar as moitas carballeiras e soutos existentes, así como o río Asneiro que discorre pegado á ruta nunha boa parte do seu percorrido.