Dende aquí podemos observar o Val do Deza e Trasdeza. As vilas de Lalín e Vila de Cruces, a Serra do Candán, a Serra do Farelo e a Serra do Faro.
Para chegar ata a súa localización, dende Lalin debemos seguir a estrada PO-206 en dirección a Vila de Cruces, dende a rotonda de Carragoso, percorrer 7,5 quilómeros, ao pasar a aldea Camiño Real, na parroquia de Bermés, collemos un desvío á esquerda cara o parque eólico do Carrio, e percorremos os últimos 2,6 quilómetros.